Xosé Constenla

xeógrafo e cantautor galego


Xosé Constenla Vega, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un xeógrafo e cantautor galego. Exerce como profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).[cando?]

Infotaula de personaXosé Constenla
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 630552

Traxectoria editar

Licenciado e Doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, é técnico especialista en Sistemas de Información Xeográfica (2006). Foi profesor de Xeografía na Universidade da Coruña, na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade de León e investigador no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Traballou durante 8 anos como xeógrafo na Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio de IDOM. Na actualidade é profesor da Universidade de Vigo na área de Didáctica das Ciencias Sociais.

Ten publicado diversos traballos e artigos en revistas de ámbito estatal e internacional.

Como cantautor ten editado cinco discos, sendo os tres primeiros Quen fixo berrar ao silencio (2005), Olladas dun entusiasta (2008) e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (2013), e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.

Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.

O 28 de xuño de 2013 gravou o seu terceiro traballo discográfico en directo no Salón Teatro. Despois de 18 concertos por distintos lugares do país acompañado polo pianista Xavier Constenla, gravou ao vivo e en directo un novo disco. Para esa ocasión reuniu unha banda formada por Leo Gianetto (guitarras), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fixo repaso dos seus dous discos anteriores e presentou 9 temas inéditos. No disco tamén participaron artistas convidados como o cantautor madrileño Javier Bergia, o catalán Litus, e os galegos Roberto Sobrado e César de Centi así o frautista Luis Soto (frautista da Real Filharmonía e membro do Taller Atlántico Contemporáneo).

En febreiro de 2016 lanzou Virada por Avante, producido e arranxado polo músico Fredi Marugán, o seu cuarto traballo, no que se aprecia unha evolución nas composición e no estilo musical cara ao folk-rock americano. O disco está composto por 11 cancións nas que se mestura a temática social coa sentimental. O tema de lanzamento é "A luz entre a desorde" que conta cun vídeo realizado e producido polo propio Xosé Constenla.

Noa ano 2017, resultou gañador do XVII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa.

En outubro de 2020, publica o traballo discográfico O Globo Vermello. Trátase dunha produción realizada polo propio Xosé Constenla nos meses de abril e maio do mesmo ano, coincidindo co estado de alarma decretado pola situación sanitaria en todo o Planeta. Saíu en formato libro con códigos de descarga e tamén coa posibilidade de adquirir un CD. Xunto coas nove cancións que compoñen o traballo, aparece o relato "O botones do Majestic".

Obra escrita editar

Ensaio editar

Narrativa editar

Obra musical publicada editar

  • Quen fixo berrar ao silencio, 2004, Setestrelo Editora.
  • Olladas dun entusiasta, 2008, Setestrelo Editora.
  • Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (CD+DVD), 2013, Setestrelo Editora.
  • Virada por avante, 2016, Setestrelo Editora
  • O Globo Vermello, 2020, Setestrelo Editora e Sacaúntos

Notas editar

  1. O pesadelo de Punta Falcoeiro na páxina web da editorial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar