Chané

músico español
(Redirección desde «Xosé Castro "Chané"»)

José Castro González, máis coñecido polo alcume de Chané, nado en Santiago de Compostela o 16 ou 18 de xaneiro de 1856 e finado na Habana o 27 de xaneiro de 1917, foi un músico galego. Como instrumentista era virtuoso da guitarra e da cítara. Tamén foi compositor, e director do Orfeón Coruñés e máis tarde do Coral Polifónica El Eco, co que obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888), Santander e París (festival do Teatro Trocadero de 1889). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

Infotaula de personaChané

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1917 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

José Castro González naceu en Santiago de Compostela o 16 ou 18 de xaneiro de 1856[a] nunha familia de músicos, intérpretes de instrumentos de corda pulsada como a guitarra ou a bandurria que tocaban nunha rondalla de fama en Galicia, e que empregaban o nome artístico "Chané".[3]

Chané comezou a súa formación musical da man de seu pai, converténdose nun neno prodixio virtuoso da guitarra e a bandurria.[4] En 1873 estreou na Coruña Una broma pesada, a súa primeira composición, escrita para un apropósito de Antonio Navarro.[5]

Aos 19 anos entrou no rexemento de artillaría da cidade herculina como músico militar.[3]

Foi catedrático de Belas Artes na Coruña, pero malia o seu recoñecido prestixio, a cátedra foi suprimida, polo que emigrou a Cuba en 1893. Na Habana dirixiu o orfeón Ecos de Galicia, co que acadou grandes éxitos. Na capital cubana o músico tivo unha estreita relación co poeta Manuel Curros Enríquez, de quen musicou varios textos, entre os cales "Unha noite na eira do trigo" é o que acadou máis sona.

 
O mestre Chané na casa de Francisco Tettamancy en 1912. De pé: Bernardino Álvarez, Robustiano Faginas, Francisco Tettamancy, Modesto Garrido e Florencio Vaamonde. Sentados: Bernardo Faginas, Alejandro Barreiro, Chané, Manuel Murguía e Uxío Carré Aldao. No chan: Emilio, fillo de Chané. Fotografía de Avrillon.

Tamén foi profesor de música do Centro Galego da Habana, pero en xullo de 1895, durante os exames realizados nesta institución, mantivo un enfrontamento con Vicente Fraiz Andón, presidente do tribunal, que motivou a súa saída do equipo do Centro Gallego.

Na Habana participou en entidades galegas como a Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia ou a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi secretario, e foi con posterioridade académico electo da Real Academia Galega.

Á súa volta á Coruña en agosto de 1907, foi obsequiado pola intelectualidade galega cun gran banquete, presidido por Emilia Pardo Bazán, que contou coa asistencia de Ramón Armada Teixeiro, Manuel Lugrís Freire, José Martínez Fontenla (que fora alcalde da cidade), Xoán Neira Cancela e distintos directivos de orfeóns galegos.[5]

En 1908 visitou por última vez a cidade da Coruña, á que chegou dende a Habana acompañando os restos mortais de Curros Enríquez a bordo do Alfonso II.[6]

Regresou á Habana, onde seguiu compoñendo e tocando. A súa derradeira composición foi "A lúa de Cangas", estreada polo orfeón Ecos de Galicia nun serán na honra ao poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz.

O Centro Galego da Habana decidiu custear o transporte dos seus restos mortais a Galiza, a onde chega, o 4 de marzo de 1917, acompañado por Fontenla Leal. Ao día seguinte, José Castro González recibe sepultura con todos os honores, á beira da tumba de Curros Enríquez, no cemiterio coruñés de San Amaro. Aquí poden consultar a crónica do seu enterro no Boletín da Real Academia Galega, e aquí a noticia que dá Antón Villar Ponte deste mesmo suceso e outros, n´A Nosa Terra.

Finou o 27 de xaneiro de 1917. Logo do seu falecemento o Centro Galego da Habana asumiu os custos do traslado dos seus restos mortais a Galicia, chegando á cidade da Coruña, o 4 de marzo acompañados por Fontenla Leal, para ser soterrado no camposanto da cidade. O seu funeral contou cunha numerosa asistencia:[2][7]

 
Placa da rúa Castro Chané, na Coruña.
No cemiterio da Coruña, preto de Curros, o seu irmán de raza, o seu compatriota, repousa xa para sempre o mestre Chané. O grande Centro Galego da Habana honra dos `bos e xenerosos´, cumpre co seu deber mandándonos os sagrados restos do autor da Foliada. Galiza enteira cumpriu tamén o seu deber, facéndolle ao mestre un enterro garimoso e solemne...". "...Non sabemos se os espiritos na outra noite, ben na propia campa ou nos Campos Elíseos, á soma dos buxos virxiliáns, paragrafean aparellados. Se así fose, Curros e Chané que espiritualmente se xuntaron no "Adiós a Mariquiña", dende agora falarán coa voz do misterio fala eterna sen palabras, os corazóns da mocidade galega para que manteña acesa a luz santa do enxebrismo redentor.
Xa pasou dos inxenuos orfeóns, os estandartes -reliquias que tremeron no enterro do Clavé galego, hai que conservalos como gloriosas relembranzas históricas. Fagamos -¡ou somas queridas de Curros e Chané!- porque xurda o mestre capaz de concertar voces pra defensa de Galiza: pensemos nas cordas que serven para facer lazos corredizos nas árbores

En Cuba casou con Elvira Hernández Celis, tendo numerosa descendencia.[8]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Mentres que Xoán Manuel Carreira cita como data de nacemento o 16 de xaneiro de 1856 no seu artigo "La «Cantiga» de Curros Enríquez/Chané. La génesis de unha canción popular", o Álbum da Emigración do Consello da Cultura Galega sitúa o seu nacemento dous días despois, o 18 de xaneiro dese mesmo ano.[2][3]
Referencias
  1. Membros correspondentes RAG.
  2. 2,0 2,1 "José Castro González (Chané). Unha vida dedicada á música galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Carreira 1990, p. 20.
  4. "Espectáculo musical para homenajear al compositor Chané". El Correo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Pérez Leira 2009, p. 97.
  6. "Música, de J. Castro Chané". Cidade da Coruña. Consultado o 7 de maio de 2021. 
  7. "Cen anos do pasamento de 'Chané', un dos músicos máis importantes da nosa historia". Nós Diario. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  8. Soto, Juan (25 de marzo de 2019). "Una oportunidad perdida". ABC (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar