Xosé Carlos Morell

(Redirección desde «Xosé Carlos Morell González»)

Xosé Carlos Morell González, nado en Vigo o 2 de outubro de 1968, é profesor, consultor e investidor..

Modelo:BiografíaXosé Carlos Morell

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata

Twitter: MartinhoDeDume BNE: XX4692329 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Titulado superior en Xestión Financeira e Contable, Xestión Comercial e Márketing e Comercio Internacional. Licenciado en Filoloxía Española e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria profesional

editar

Como estudante, no seu colexio maior, adscrito á USC ocupou o cargo de secretario. Posteriormente, docente en educación secundaria, colaborou xunto a Agustín Fernández Paz, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo no deseño e dirección da campaña de normalización lingüística no ensino " En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai". Padroeiro da Fundación Isla Couto, onde da man directa de Xaime Isla Couto no Igesco, desenvolveu nos anos 1990 a revista "Redaccion Xove", unha publicación dos centros de ensino de Vigo e despois na Universidade, aberta ás colaboracións dos estudantes e profesores. Tamén colaborou dentro da mesma Fundación na histórica publicación “Badal” dirixida a todas as igrexas católicas de Galiza para facilitar a liturxia na lingua propia. Formou parte da comisión creada polo Bispo de Tui-Vigo Xosé Diéguez Reboredo, coa finalidade de estabelecer uns mínimos de liturxia en lingua galega.

Foi accionista e xestor en "Edicións de Referencia", a sociedade creadora e impulsora do Xornal de Galicia. Durante a década dos 2000 e 2010, desempeñou o seu traballo profesional como xestor de exportacións no sector privado vitivinícola, abrindo mercados estratéxicos como Alemaña, os Estados Unidos ou China. Neste país criou a empresa de trading Santiago winery co., Ltd. 聖地牙哥酒窖有限公司, e foi nomeado Protector no Shenzhen Public Welfare Center (深圳市龙岗区会福利中心) en 2002.

Foi investigador asociado no IGADI, especializado no ámbito lusófono europeo e chinés. Aquí en 2020 dirixiu o ciclo de conferencias "Galicia e Norte de Portugal nas relacións con Macau, UE e China, entre os Camiño a Santiago e a Nova ruta da seda",[1] onde por primeira vez a Secretaria Xeral do Foro Macau participou nunha actividade realizada na España.

En 13 de maio de 2013 presentou no Plenario do Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular Valentin Paz Andrade[2], con máis de 17.000 sinaturas censadas e que foi aprobada por unanimidade tras un histórico discurso sobre a Lusofonía[3] no plenario do Parlamento galego[4]. A seguir, dirixiu as negociacións cos grupos parlamentarios galegos para que a Lei resultante fose tamén aprobada por unanimidade,[5] cousa que aconteceu en 24 de marzo do 2014,[6] sendo coñecida como Lei Valentin Paz-Andrade.

 
Xosé Carlos Morell
  1. "Xacobeo 2021 e a ruta da seda. Camiños para os diálogos oriente-occidente". china.hub.gal. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  2. "Xosé Carlos Morell González, promotor da iniciativa "Valentín Paz Andrade", para incluír no ensino galego o portugués.". 20/05/2013. Consultado o 09/04/2021. 
  3. Fernández, Miguel Rodríguez. "Galiza aposta no ensino do Português para entrar no mundo lusófono". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2021-04-09. 
  4. "Parlamento galego aprova legislação para ensino da língua portuguesa - JPN". JPN - JornalismoPortoNet (en portugués). 0001-11-30. Consultado o 2021-04-09. 
  5. Pardo, David Lombao, Miguel (2013-05-14). "Unanimidad en el Parlamento para que Galicia "aproveche" la lusofonía". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-04-09. 
  6. "LEY 1/2014, de 24 de marzo, para el aprovechamiento de la lengua portuguesa y vínculos con la lusofonía". xunta.gal. 8 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar