Xosé Antonio Ventoso Mariño

político español

Xosé Antonio Ventoso Mariño, nado en Ribeira o 30 de xuño de 1951, é un escritor e político galego.

Infotaula de personaXosé Antonio Ventoso Mariño
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filosofía e Letras pola USC, é especialista en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Medio, é socio fundador do Instituto de Ciencias Sociaies de Galicia e codirector das revista Ciencias Sociais e Estudios Sociais da Barbanza. Anteriormente membro do PCG, pasou a formar parte do PSdeG-PSOE e encabezou esta formación en Ribeira en 1983, sendo elixido alcalde ó sela candidatura máis votada. En 1987 encabezou novamente a candidatura socialista e logrou novamente a vitoria, pero nesta ocasión non logrou a alcaldía dado que os grupos de dereitas (AP, CPG e CDS) pactaron e fixeron alcalde ó candidato aliancista Ricardo Pérez Queiruga. En marzo de 1989 encabezou unha moción de censura contra este, mais ó botarse atrás varios concelleiros supuxo que fracasase. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 foi elixido deputado autonómico, revalidando a súa acta en 1993, chegando a ser voceiro do grupo socialista. Encabezou novamente a candidatura do PSdeG en Ribeira en 1991 logrando o mellor resultado da historia do partido con 9 concelleiros, mais nesta ocasión o PPdeG logrou a maioría absoluta e non puido recuperala alcaldía. Foi membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994).

En xullo de 1992 foi inhabilitado pola construción durante a súa etapa na alcaldía de vivendas asequibles sen ser visadas polo Colexio de Arquitectos, ante o cal abandonou a política municipal; en 1994 foi indultado[1]. Porén, si puido continuar como deputado autonómico durante todo ese tempo, volvendo a ser elixido tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993. En 1997 volveu a concorrer na candidatura autonómica do PSdeG pero non resultou elixido tralo descenso sufrido pola formación. En febreiro de 2003 abandonou o PSdeG tralo nomeamento de José Vicente Domínguez como candidato en Ribeira pola executiva nacional do partido, en detrimento da súa muller Rosa García Pose[2]. Esta, conformou Iniciativa Progresista de Ribeira (IPdeR) e integrou aos desencantados coa decisión, logrando 2 concelleiros nos comicios dese ano.

En abril de 2010 foi elixido presidente do Club Náutico de Ribeira, permanecendo no cargo ata maio de 2015. Presentou programas de entrevistas e debates no Canal Barbanza.


Predecesor:
Lisardo Valeiras Bravo
  
Alcalde de Ribeira
 
1983 - 1987
Sucesor:
Ricardo Pérez Queiruga

Notas editar

Obra en galego editar

Poesía editar

  • Do mar e dos homes.

Narrativa editar

  • A pesca está no vento, 2001, Ir Indo.
  • Historia das historias da escola, 2008, Ir Indo.

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • A xente da ría, 2002, Deputación da Coruña.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • La estructura ideológica de la iglesia gallega (1923-1936).
  • Peregrinos en tierras de magia, 2004.

Narrativa editar

  • Huyen mis sueños. Diario de un lisiado, 2008.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar