Xosé Antón Cascudo

escritor galego

Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, nado en Guitiriz o 16 de marzo de 1976, é un escritor galego.[1]

Infotaula de personaXosé Antón Cascudo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Guitiriz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalHistoria da Arte e Comunicación Audiovisual
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 392 Dialnet: 3875020

Traxectoria editar

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela[2] e Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Máster en Sociedade do Coñecemento e Técnico Superior en Fotografía Artística. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Filosofía moral e Antropoloxía social da USC onde traballa sobre o cineasta Alexander Sokurov, figura sobre a cal organizou en maio do 2008 o seminario Alexander Sokurov, a voz solitaria do home, no Centro Galego de Arte Contemporánea.[3]

No eido cinematográfico realiza a obra de carácter experimental Ladaíña nº 1 (fendendo) (2008), como guionista é autor da peza A realidade máxica dirixida por María Cordero, e supervisor de Vikingland (Xurxo Chirro, 2011). Así mesmo colaborou en labores críticas coa Axencia Audiovisual Galega, coa revista Audiovisual Galego e co suplemento cultural Kalaikia. No 2014 dirixiu o documental O Instante Eterno sobre o poeta galego Xosé María Díaz Castro.

É tamén poeta, mantedor do blog Ficcionario, e autor do poemario Manual do misántropo, vencedor do 1º Premio do Certame GZ Crea e publicado por Espiral Maior no 2007.[1]

É profesor na USC, departamento de Ciencias da Comunicación.[4] Tamén é profesor no instituto IES Xelmirez I de Imaxe e Son.[5]

Obra literaria editar

Poesía editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

Cinematografía[8] editar

  • A realidade máxica (2008). Guionista
  • O instante eterno (2014). Director e guionista[9]
  • Alfa i Omega (2014). Director e guionista

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Xosé Antón Cascudo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  2. Diario, Nós (2022-12-26). "'A mística da feminidade en Mad Men', de Xosé Antón Cascudo, premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. Consultado o 2022-12-27. 
  3. Galicia, Xunta de (2022-12-26). "‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-27. 
  4. "Jose Antonio Cascudo Rodriguez Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  5. "José Antonio Cascudo: «Os recursos audiovisuais no ensino conectan moi ben co alumnado»". La Voz de Galicia. 2020-03-03. Consultado o 2022-12-27. 
  6. "A mística da feminidade en Mad Men". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-14. 
  7. Carolo Tosar, Rocío (Xullo, agosto, setembro 2023). "Unha lectura máis alá das cámaras: redescubrindo "Mad Men"". Grial LXI (239): 103–105. ISSN 0017-4181. 
  8. "Xosé Antón Cascudo". guionistas.gal. Consultado o 2022-12-27. 
  9. Alisal, Casa de Galicia en Madrid-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid Casado del; España, 8 Madrid-28014Madrid. "Presentación y proyección del documental "O instante eterno", de José Antonio Cascudo Rodríguez, en la Casa de Galicia en Madrid". emigracion.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2022-12-27. 
  10. "Xosé Antón Cascudo". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-12-27. 
  11. Press, Europa (2022-12-26). "Xosé Antón Cascudo gana el Ramón Piñeiro de Ensaio con un análisis de la feminidad en 'Mad Men'". www.europapress.es. Consultado o 2022-12-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar