Xohana Torres

escritora galega
(Redirección desde «Xohana Torres Fernández»)

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929[1] e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017[2] foi unha escritora galega.[3]

Infotaula de personaXohana Torres
Biografía
Nacemento(es) Xohana Torres Fernández Editar o valor em Wikidata
22 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , narrador , dramaturga , escritora , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, teatro, novela e literatura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Bitraga: 117

Traxectoria editar

Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantivo afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero.[4] Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixiu en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.[5]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e durante moitos anos residiu en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, "Raíz e Tempo", en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).[6]

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.[7]

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.[5]

En 2018 A Real Academia Galega dedicoulle o Día Mundial da Poesía [8] e publicou Natureza de illa na súa homenaxe.[9]

Obra editar

O seu labor como escritora comeza en revistas como Aturuxo, Vida Gallega, Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poetisa está integrada na Xeración das Festas Minervais; como escritora dramática no "Grupo de Enlace"; como narradora, os críticos discuten se a súa novela Adiós, María forma parte ou non da Nova Narrativa, concluíndose que con esta obra se adscribe a este movemento renovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.[5]

En 1972 outórgaselle o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibe o Premio da Crítica española e a Xunta de Galicia entrégalle en 1992 o Premio á creación feminina. En 2018 a compañía Vitrasa repartiu 2000 exemplares de Adiós María nos seus autobuses de Vigo.[10]

Canto ó teatro relaciónase co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella, escribindo dúas obras, unha das cales, Un hotel de primeira sobre o río, consegue o Premio Castelao de Teatro galego en 1966.[11]

Deixando a un lado as etiquetaxes da crítica, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutible, calidade recoñecida co Premio da Crítica en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

Listaxe de publicacións editar

Poesía editar

Teatro editar

 
Adiós, María, edición na BG120.

Novela editar

Literatura infantil editar

Ensaio editar

En publicacións colectivas editar

Traducións editar

  • O abeto valente de Jordi Cots (1966).
  • O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966).
  • Unha nova terra de Francisco Candel (1967).
  • O demo Rapatú, adaptación de Miquel Desclot (1979). Galaxia.
  • Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992). Galaxia.

Premios editar

Influencias estilísticas editar

Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e William Butler Yeats.

Notas editar

  1. Casalderrey, F. e Aleixandre, M. (2017): "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno", en Grial nº 215, páx. 12-13.
  2. "A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres", nota na web da Real Academia Galega, 12 de setembro de 2017,
  3. "Ficha autor". bvg.udc.es. 
  4. Burgoa, Juan J. "Xohana Torres Fernández". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-23. 
  6. "Xohana Torres". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-23. 
  7. Villanueva, Malores (2020-07-24). "Xohana Torres, a primeira de moitas". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-11-23. 
  8. "A Academia dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-23. 
  9. "Xohana Torres. Natureza de illa: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-11-23. 
  10. "Xohana Torres enche de literatura os autobuses urbanos de Vigo". Editorial Galaxia. 2018-11-28. Consultado o 2021-11-23. 
  11. Barreiro, Asoc Herminio (2017-09-13). "No pasamento de Xohana Torres". As Cuncas Culturais. Consultado o 2021-11-23. 
  12. "Estacións ao mar por Xohana Torres. Carmen Blanco" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  14. Diario, Nós. "Poemas últimos de Xohana Torres". Nós Diario. Consultado o 2021-11-23. 
  15. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  16. "centre.doc" (PDF). culturagalega.gal. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  17. "Pericles y la ballena". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  18. "Pericles i la balena". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  19. "Perikles eta balea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  20. A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido, Praza Pública
  21. Torres, X. (2001). "Eu tamén navegar". Real Academia Galega). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar