O xogo do pano é un xogo popular no que se enfrontan dous equipos, e os membros teñen que coller un pano que ten unha persoa neutral.

Dinámica editar

Cada participante do equipo ten un número asignado. A persoa que ten o pano di un número, e os participantes con ese número saen correndo para coller o pano. Se o un dun equipo colle o pano primeiro ten que pasar unha liña onde esta o seu equipo para lograr un punto para o seu equipo, pero se o adversario atrapa o que ten o pano sen que chegue á liña onde esta o seu equipo o punto é para o outro equipo.