Xan López Facal

economista e político galego
(Redirección desde «Xoán López Facal»)

Xan López Facal, Xoán López Facal, ou Joám Lopes Facal, nado en Toba (Cee) en 1940, é un enxeñeiro, economista e político galego.

Infotaula de personaXan López Facal
Nome orixinalXoán Xosé López Facal
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Toba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalEnxeñeiro industrial
Doutor en Ciencias Económicas
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTafisa, Estaleiro Barreras, SODIGA, Universidade de Santiago de Compostela
Linguacastelán, galego
Familia
CónxuxeAna
IrmánsJavier López Facal e Ramón López Facal Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación académica editar

Trasladouse a Santiago de Compostela a casa duns familiares para facer os últimos cursos de bacharelato e estudar na súa Universidade. Tras estudar o primeiro curso de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela[1] (daquela curso común para todas as licenciaturas en Ciencias e as enxeñarías), trasladouse a Madrid para estudar na súa Universidade Politécnica a carreira superior de Enxeñaría industrial.[1] Posteriormente acadou o título de doutor en Ciencias Económicas na USC.[2]

Labor como enxeñeiro, economista e político editar

Traballou como enxeñeiro na empresa Tafisa de Pontevedra, e despois no estaleiro Barreras en Vigo.[1] Nesa época desenvolveu unha intensa actividade sindical militando na clandestinidade en Galicia Socialista con Camilo Nogueira (cuñado seu). Marchou a Madrid para traballar nos servizos centrais do Banco Popular e despois no Banco Central.[1] Regresou a Galicia para traballar en SODIGA, da que chegou a ser director económico-financeiro.[1] Foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega, integrándose despois no Partido Obreiro Galego. Foi profesor de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela e deputado no Parlamento de Galicia polo PSG-EG. En 1999 prexubilárono de Sodiga e deu clases na Escola Politécnica Superior de Lugo. Traballou na análise da situación da economía galega e participou como docente en cursos máster da USC.[1]

Escribiu unha tese sobre o Banco Olimpio Pérez. (Véxase máis abaixo).

En 2016 tomou parte na fundación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG) da que actualmente[cando?] é o seu presidente.[2]

Obra en galego editar

Ensaio editar

Tese de doutoramento editar

  • Xoán López Facal (2014): "O Banco de Olímpio Pérez, 1880-1936".[5]

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (Sodiga, 1977).
  • La expulsión de los recursos financieros y el crecimiento económico de Galicia (Sodiga, 1977).

Vida persoal editar

É irmán do lingüista, especialista en grego e tradutor Javier López Facal, e do profesor de historia e historiador Ramón López Facal.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Xan López Facal: «A capacidade exportadora de Galicia é potente e sólida»". El Correo Gallego. 16 de outubro de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Lopes Facal, Joám, no IGADI. Última actualización 03-03-2021.
  3. Texto completo
  4. Texto completo
  5. O banco de Olímpio Pérez, 1880-1936 en Minerva, repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
  6. Texto completo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar