Xisela Franco

cineasta galega

Xisela Franco, nada en Vigo en 1978,[1] é unha cineasta galega.

Infotaula de personaXisela Franco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xisela Franco é artista/cineasta con ampla traxectoria no documental. Profesora na Facultade de Belas Artes da Universdidade de Vigo. Licenciada en Comunicación Audiovisual e en Filosofía pola UEM, MFA (Film) en York Unviversity, Toronto. Doutoranda na Universdidade de Vigo. Moi nova en Madrid funda Epojé Films en 2004 coa que produce, guioniza ou dirixe documentais históricos (para TVE o Canal Historia) á vez que películas con vocación artística. Con “Aadat” (2004, sobre a muller saharaui), recibe o “Premio Ciudad de Madrid al Mejor Documental Español” en DocumentaMadrid (ver lista premios na súa web). En 2006 trasládase a Canadá coa Bolsa de Postgrados da Fundacion Caixa Galicia e cursa un MFA en York University (Master of Fine Arts in Film), supervisando o súa tesina o cineasta referente da vangarda Phil Hoffman. Entre 2008-2009 obtén unha bolsa en York como profesora axudante (TA) do catedrático en cinema canadiense John MCullough. A súa tese de licenciatura en York (co canadense Phil Hoffman como supervisor) foi a longametraxe Anima urbis.[2]

Regresa a España e dirixe para TVG a serie de 13 documentais As Raíces (da Industria Galega). En 2015 gaña o premio de Produción ARTISTAAS 2015 e realiza no MARCO de Vigo a exposición «Interior, exterior, durante”. En 2016 dirixe o proxecto Cinema e Muller da Deputación de Pontevedra para visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia, do que nace a película colaborativa Visións. O seu traballo estivo na sección oficial de festivais como Dok Leipzig Film Festival, European ShortFilm Biennale (Ludwigsburg), Montreal Underground Film Festival, Intermediaciones – Muestra de videoarte de Medellín, Festival de Cinema S8 de Curitiva (Brasil), Play-Doc, Cineuropa, MICE, Curtocircuito (Premio AGAG mellor guión. Cruz Piñón. 2014) ou Cinemística de Granada (Premio Distinción Verde. Hyohakusha. 2015). O Concello de San Sadurniño en A Coruña adícalle o Certame Galego das Artes pola Igualdade, en 2016.

Colabora con distintos festivais programando vide/cine experimental ou organizando mesas ou obradoiros. En 2020 participa como directora artística no MOCA no que comisaria “Toronto, en primeira persoa”. Desde 2021 programa a sección “Cinema Percorridos” en Play-Doc International Film Festival ou a sección Paraíso no Festival S8-Mostra de Cinema Periférico, esta última en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, da que Xisela é profesora asociada.

Obra editar

  • Aadat (2004) codirixida con Noé Rodríguez, premio Ciudad de Madrid ao mellor documental español no Festival DocumentaMadrid
  • Figuras femeninas, de los años 20 a la postguerra (2006). TVE
  • Sculpture (2007)
  • On the road (2008)
  • Parque Spadina (2008)
  • Toronto Island (2009)
  • Lake Ontario& Cabo Touriñán (2009)
  • Anima urbis (2006)
  • Camerún, al norte (2012)
  • Peixe (2012)
  • Aquiarium Nostrum (2013)
  • As raíces da industria de Galicia (2012-2013) 13 episodios. TVG
  • Vía Láctea (2013)
  • Día 13 de julio e día 12 de agosto (2013)
  • SOS Comuneiros de Cabral (2013)
  • Hyoahakusha, caminante sin rumbo (2014)
  • Cruz Piñón (2015)
  • Santiago, Olladas de Perfil (2016)
  • Interior, exterior, durante (2016)
  • Atalaia/Piueiro (2022)
  • Oco morno (2022)
  • Margarita Ledo. Parolar cun eu (2021)[3]
  • Amas da terra (2023)

Notas editar

  1. "Franco, Xisela". Novo Cinema Galego. Consultado o 2021-09-28. 
  2. "Xisela Franco". Deputación de Pontevedra. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 12 e 15 de abril de 2019. 
  3. "GALICIA". Play-Doc (en castelán). Consultado o 2021-09-28. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar