Xingu (filme)
Xingu é un filme brasileiro de 2011 dirixido por Cao Hamburger e escrito por el, Elena Soárez e Anna Muylaert. Está protagonizado por João Miguel, Felipe Camargo e Caio Blat e conta a historia dos tres irmáns Villas-Bôas dende o momento que se uniron á expedición Roncador-Xingu, parte da marcha cara ó oeste de Getúlio Vargas en 1943.
Xingu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Xingu |
Director | Cao Hamburger |
Produtor | Fernando Meirelles Andrea Barata Ribeiro Bel Berlinck |
Guión | Cao Hamburger Elena Soarez Anna Muylaert |
Intérpretes | João Miguel Felipe Camargo Caio Blat |
Música | Beto Villares |
Fotografía | Adriano Goldman |
Montaxe | Gustavo Giani |
Estudio | O2 Filmes Globo Filmes |
Distribuidora | Downtown Filmes RioFilme |
Estrea | Festival de Cinema do Amazonas: 3 de novembro de 2011[1] 6 de abril de 2012[2] |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Brasil |
Xénero | Drama |
Orzamento | 14–16 millóns de reais[3][4] |
Recadación | 3 898 283 reais[5] |
Na rede | |
http://www.xinguofilme.com.br/ | |
Foi rodado en Tocantins, no parque indíxena do Xingu, e na rexión metropolitana de São Paulo.[3][6] O filme foi exhibido por vez primeira en 2011, na 8ª edición do Festival de Cinema do Amazonas. A estrea oficial realizouse o 6 de abril de 2012. O filme foi visto por máis de 370 000 espectadores e recadou máis de catro millóns de reais nos portelos.[7] Foi adaptado á televisión en catro episodios estreados en Rede Globo entre o 25 e o 28 de decembro de 2012.[8]
Personaxes
editar- João Miguel como Claudio Villas Boas
- Felipe Camargo como Orlando Villas Boas
- Caio Blat como Leonardo Villas Boas
- Maiarim Kaiabi como Prepori
- Awakari Tumã Kaiabi como Pionim
- Adana Kambeba como Kaiulu
- Tapaié Waurá como Izaquiri
- Totomai Yawalapiti como guerreiro Kalapalo
- Maria Flor como Marina
- Augusto Madeira como Noel Nutels
- Fábio Lago como Bamburra
Notas
editar- ↑ Addario, Ana Carolina (4 de novembro de 2011). Caras, ed. "Fernando Meirelles e elenco participam da première mundial de ‘Xingu’ em Manaus" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ Folha de S. Paulo, ed. (31 de marzo de 2012). "Veja bastidores do filme "Xingu", que estreia no dia 6 de abril" (en portugués). Grupo Folha. Consultado o 9 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Salem, Rodrigo (5 de abril de 2012). Folha de S. Paulo, ed. "'Xingu', que estreia amanhã, conta saga dos irmãos Villas Bôas" (en portugués). Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ Silva, Yuno (24 de abril de 2012). Tribuna do Norte, ed. "Filme Xingu faz crítica ao conceito de civilidade" (en portugués). Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ Ancine (ed.). "Filmes Brasileiros Lançados - 1995 a 2012" (PDF) (en portugués). p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ Portal Brasil Engenharia (ed.). "Reserva do Morro Grande, na Grande SP, serve de cenário para o filme ‘Xingu’" (en portugués). Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ macae.rj.gov.br (ed.). "Prefeitura Municipal de Macaé". Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ veja.abril.com.br (ed.). "Globo estreia versão estendida de ‘Xingu’ | Temporadas - VEJA.com". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xingu na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)