Xián (nome)

nome masculino
(Redirección desde «Xiao (nome)»)

Xián[1][2][3] (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.[2] En galego tamén conta coas variantes Xiao,[4] Xillao,[4] Xullán[4] e Xulián.[4]

San Xián o Hospitaleiro, en Romai, Portas.

En xaneiro de 2023 existían 1.180 varóns en Galicia co nome Xián, cunha media de idade de 11,5 anos,[5] 60 co nome Xiao, cunha media de idade de 14,6 anos[6] e 39 co nome Xulián, cunha media de idade de 25 anos.[7] Non hai persoas rexistradas coas variantes Xillao ou Xullán.

Etimoloxía

editar

Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Santoral

editar

Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro, de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

Variantes noutras linguas

editar

Outros:

  • Jolyon
  • Julijan
  • Juliyan
  • Julien
  • Julyan
  • Juleane
  • Julean
  • Juliaan
  • Julianne
  • Julion
  • Julyin
  • Julyon
  • Julienn
  • Julienne
  • Jullien
  • Jullin
  • Julyen
  • Jülyen
  • Jullian
  • Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
  • Juljan
  • Iulian
  • Iulică
  • Turiano
  • Lulo
  • Juli
  • Gabelica

Persoeiros

editar

Galegos

editar

Antigüidade

editar
  • Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
  • Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Santos

editar

Nobres

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar