Xesús de Nazaret, Bóveda, Lugo
Xesús de Nazaret é un lugar da parroquia de Bóveda no concello lugués de Lugo na comarca de Lugo.
Xesús de Nazaret | |
---|---|
Parroquia | Bóveda |
Concello | Lugo |
Coordenadas | 43°00′48″N 7°30′42″O / 43.013438200194, -7.5117322619986 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO lugar naceu a finais de 1973 como un poboado de chabolas en terreos municipais para albergar as persoas xitanas que a finais da década de 1950 chegaran á cidade de Lugo e comezaran a asentarse en Fingoi.[1] O lugar coñecíase en orixe como poboado do Carqueixo pola proximidade a esoutra aldea.[2][3] O concello construíu vivendas e urbanizou o lugar, que pasou a nomearse como Nazaret en referencia á vila de Nazaret, onde segundo a tradición pasou a súa infancia Cristo. Na década de 1980 construíuse unha escola.
En decembro de 2003 vivían alí 225 persoas.[4] As vivendas derrubáronse anos despois, e a poboación foi realoxada en diferentes lugares da cidade de Lugo,[5] se ben o lugar seguiu a ser habitado.[6]
Lugares e parroquias
editarLugares de Bóveda
editarLugares da parroquia de Bóveda no concello de Lugo (Lugo) | |
---|---|
Abeledo | Barbaín | Bóveda | Buratai | O Carqueixo | O Castro de Bóveda | Coeo | Farxocos | Luxilde | Malle | Xesús de Nazaret |
Parroquias de Lugo
editarNotas
editar- ↑ "Las familias gitanas acampadas en Fingoy serán trasladadas al Carqueixo". El Progreso. 9 de novembro de 1973. p. 1.
- ↑ "Una exposición captura los seis siglos de vecindad de los gitanos a la vera del Miño" (PDF). El Progreso. 9 de abril de 2009.
- ↑ Sánchez Pombo, Ernesto (8 de outubro de 1980). "Vecinos de Lugo impiden que se arrojen basuras en su barriada". El País.
- ↑ "En el poblado de O Carqueixo viven 225 personas". La Voz de Galicia. 5 de xullo de 2004.
- ↑ "O Concello de Lugo e Vivenda reubicarán en barrios dispersos ás familias do poboado de Nazaret". Diario de Pontevedra. 23 de maio de 2008.
- ↑ "El Concello tira cinco chabolas en O Carqueixo". El Progreso. 14 de setembro de 2017.