Xesús Santos Suárez
mestre e escritor galego
Xesús Santos Suárez, nado en Asados (Rianxo) o 28 de setembro 1936, é un mestre e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1936 ![]() Asados, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre en Pontevedra, Val do Dubra, Boiro e finalmente en Calo, onde estivo máis de dúas décadas, ata que se xubilou.[1]
Foi director do grupo de teatro Airiños de Asados, co que representou A fiestra valdeira de Rafael Dieste.[2]
É poeta e investigador sobre a historia de Rianxo.
Obras
editar- Balada do vento na ría (1987). Asados: Centro Cultural Ramón Varela. 102 páxs.
- A fraga (des)animada 3 actos (1993). Vigo: Ir Indo. 95 páxs. ISBN 978-84-7680-114-7
- Os amigos de Martiño (1999). Vigo: Ir Indo, Col. Contacontos. 106 paxs. ISBN 9788476802755.
- O viquingo converso (farsa histórica) (2017). Concello de Catoira. 125 páxs.[3] É un relato sobre as orixes do desembarco de Catoira, levado aos escenarios pola compañía Úrsula.
- Biografía de Arcos Moldes (Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira, 1865-1944) (1994). Concello de Rianxo. 286 páxs.
- A heráldica nas terras de Rianxo. Brasóns e linaxes (1997). Deputación da Coruña. 418 páxs. ISBN 978-84-89652-50-7.
- Saúde e República (Rianxo 1930-1936). Política e sociedade (2006). Concello de Rianxo. 403 páxs.
- Rianxo na súa historia. Consecuencias da guerra civil (1936-1939) (2010). Deputación da Coruña. 400 páxs. ISBN 978-84-9812-120-9.
- Rianxo na ditadura franquista (1939-1979) (2014). Deputación da Coruña. 504 páxs. ISBN 978-84-9812-255-8.
- Arcos Moldes, mestre sen escola. O Rianxo do seu momento 1865-1944 (2017). Deputación da Coruña.[4]
Con Xesús Costa Rodil.
editar- Do Sar ao monte Louro, memorial da represión 1936-1950 (2019). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-343-2.
Con Xosé Comoxo e Xesús Costa
editar- Rianxo na Guerra Civil. Campo de concentración de prisioneiros de guerra 1937-1939 (2003). Concello de Rianxo. 139 páxs. ISBN 978-84-607-8969-7.
- Manuel Antonio "ite misa est" (1996). A Nosa Terra, nº 16.
- Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005). Barbantia, nº 1. Con Xosé Comoxo e Xesús Costa.
Notas
editar- ↑ "Xesús Santos: Un resistente da fronte cultural galega". La Voz de Galicia. 2018-07-01. Consultado o 2021-07-18.
- ↑ Airiños (2012-11-25). "Airiños". Teatro Airiños. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-18.
- ↑ "Presentación do libro "O vikingo converso"". concelloderianxo.gal.
- ↑ "Xesús Santos e Xosé Comoxo recuperan a historia do mestre José Arcos Moldes". La Voz de Galicia. 2017-02-28. Consultado o 2021-07-18.
- ↑ "ATOPO - Deputación de Pontevedra". atopo.depo.gal. Consultado o 2021-07-18.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.