Xerardo Agrafoxo

historiador, profesor e escritor galego
(Redirección desde «Xerardo Agrafojo Pérez»)

Xerardo Agrafoxo Pérez, nado en Noia o 15 de outubro de 1952, é un profesor e escritor galego.[1]

Xerardo Agrafoxo
Nacemento15 de outubro de 1952
Lugar de nacementoNoia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático, escritor e historiador
Coñecido porUnha viaxe no Ford T e O violinista de Malá Strana
Na rede
Bitraga: 4195 Dialnet: 2446805
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestre de EXB e profesor de ensino medio en Boiro, é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia[2] e doutor en Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela,[3] e dedícase á investigación histórica especialmente sobre a Guerra civil española en Lousame e Noia.

Publicou varios traballos na revista de Noia Alameda.[4]

Obras editar

Ensaio editar

  • Noia unha vila histórica. Dende a orixe ata a edade moderna (1987). Colexio Público de Lousame. 182 páxs.
  • Poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña (1989). Dirección Xeral do Patrimonio Histório-Artístico da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 242 páxs.
  • Catrocentos anos na historia da Vila de Noia (1990). Toxosoutos. 250 páxs.
  • A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota (1991). G. Sementeira. 100 páxs.
  • O hábitat castrexo no val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra (1992). Toxosoutos. 208 páxs.
  • Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993). Toxosoutos. 196 páxs.
  • A segunda república en Lousame e Noia. Radiografía dunha época (1993). Concello de Lousame. 347 páxs.
  • Didáctica da historia moderna de Galicia. O antigo réxime (1995). Toxosoutos. 213 páxs.
  • 1936, a guerra civil en Lousame e Noia. Testemuñas dunha represión (1995). Concello de Lousame. 493 páxs.
  • Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Toxosoutos. 296 páxs.
  • 1937, a guerra civil en Lousame e Noia. O fusilamento de David Mariño Ramos (1997). Concello de Lousame. 440 páxs.
  • 1938-1939, a guerra civil en Lousame e Noia. O triple crime de Marselle, a traxedia do Baleares (1999). Concello de Lousame. 704 páxs.
  • Memorias do franquismo (2002). Toxosoutos. 949 páxs.
  • Crónicas dunha democracia. A transición política en Noia: os dous mandatos de Díaz Fornas (2006). Toxosoutos. 332 páxs.
  • A revolta nacionalista. A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González (2006). Toxosoutos. 634 páxs.
  • Biografía de María Mariño (2007). Galaxia. 176 páxs.
  • María Mariño: Retrato dunha vida (2007). Fundación Caixa Galicia.
  • Noia no cambio de século (2008). Toxosoutos. 584 páxs.
  • Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia (2013). Xerais, Memoria. 160 páxs.
  • Historia de Noia (2019). Deputación da Coruña. Non venal.

Narrativa editar

Viaxes editar

Premios editar

Notas editar

  1. Galega, Consello da Cultura. "Xerardo Agrafoxo". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2020-07-22. 
  2. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-22. 
  3. "Xerardo AgraFoxo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 2020-07-22. 
  4. "Diccionario de escritores/as do Barbanza- Asociación Barbantia". web.archive.org. 2008-07-23. Archived from the original on 23 de xullo de 2008. Consultado o 2020-07-22. 
  5. "Edicións Laiovento - EL TRIÁNGULO DE ÓSCAR WILDE". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 2020-07-22. 
  6. "El triángulo de Oscar Wilde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-08-07. 
  7. "Unha viaxe no Ford T". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-22. 
  8. "O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-22. 
  9. "El noiés Xerardo Agrafoxo gana el premio de novela García Barros". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-06-18. Consultado o 2020-07-22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar