Xefe de clan escocés

O xefe de clan é o representante do seu clan. A palabra gaélica escocesa clann significa fillos.[1] En tempos antigos, e aínda hoxe, os membros dos clans cren que son descedentes dun antergo común, o fundador do clan escocés. O nome do clan procede do seu fundador. O xefe do clan é o representante do fundador, e representa ó clan tamén. No sistema de clans escoceses, o termo xefe fai referencia a un gran xefe por riba dos chieftains. En consecuecia, os xefes das pólas dun clan son chamados "chieftains".[2] Os clans que xa non teñen un xefe de clan son chamados armigerous clans.

Representación romántica dun xefe de clan ilustrado por R. R. McIan, de The Clans of the Scottish Highlands de James Logan, 1845.
  1. Mark (2003), p. 458.
  2. Adam; Innes of Learney (1970), p. 154–155.