Xavier Suárez-Vence

empresario e político galego
(Redirección desde «Xavier Suárez-Vence Santiso»)

Francisco Javier Suárez-Vence Santiso, nado na Baña o 16 de agosto de 1935, é un empresario e político galego.

Infotaula de personaXavier Suárez-Vence
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Baña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé María Suárez Vence Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José María Suárez Vence. Licenciado en Dereito. Foi delegado do Ministerio de Obras Públicas en Pontevedra e Secretario da Fundación Galicia-Empresa. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1987) así como conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986).

En xuño de 1987 deixou Alianza Popular[1] xunto con Barreiro Rivas. Logo de integrarse en Coalición Galega e de apoiar a moción de censura que deu o goberno ao socialista Fernando González Laxe foi nomeado conselleiro de Educación[2].

En 1988, como consecuencia da dimisión de Xosé Luís Barreiro Rivas, procesado por un presunto delito de suborno e prevaricación, Suárez-Vence foi nomeado vicepresidente do goberno galego[3] Desta etapa destaca a súa mediación para que 600 traballadores da factoria de Citroën de Ourense deixaran o peche que mantiñan na catedral de Santiago de Compostela[4].

Converteuse ademais no home forte de Coalición Galega ao asumir o cargo de secretario xeral[5]. En febreiro de 1989 asinou o acordo cos dirixentes do Partido Nacionalista Vasco (PNV), as Agrupaciones Independientes de Canarias (AIC) e o Partido Nacionalista de Castilla y León (Pancal) para concorrer baixo o nome de Coalición Nacionalista nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1989[6]. Dos resultados electorais o "coaga" José Posada conseguiría ser deputado no Parlamento Europeo de forma rotatoria entre 1993 e 1994 (e de novo en 1999), ademais de ser o primeiro parlamentario en usar o galego na cámara europea[7].

Notas editar

  1. Vazquez, Elisardo (1987-06-16). "El ex vicepresidente de la Xunta abandona AP". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-03-06. 
  2. tebas (2013-07-23). "Toma de posesión do novo goberno da Xunta de Galicia en 1987". Compañía de Radio/Televisión de Galicia. | CRTVG - pasouoquepasou - Arquivo en liña. Consultado o 2024-03-06. 
  3. tebas (2013-07-24). "Toma de posesión de Suárez Vence e de Aniceto Núñez tras a remodelación do goberno en 1988". Compañía de Radio/Televisión de Galicia. | CRTVG - pasouoquepasou - Arquivo en liña. Consultado o 2024-03-06. 
  4. Hermida, Xosé (1989-08-06). "Los trabajadores de Citroën abandonan su encierro en la catedral de Santiago". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-03-06. 
  5. Hermida, Xosé (1988-07-31). "Suárez Vence: "Un procesamiento le puede ocurrir a cualquiera que tenga un cargo público"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-03-06. 
  6. EP (1989-02-26). "Cuatro partidos nacionalistas firman un acuerdo para concurrir juntos a las elecciones europeas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-03-06. 
  7. "Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo". Praza Pública. 2013-01-14. Consultado o 2024-03-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
José María Hernández Cochón
  
Conselleiro de Sanidade
 
1983-1986
Sucesor:
José María Hernández Cochón
Predecesor:
Ángel Mario Carreño
  
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
1986-1986
Sucesor:
Fernando Pedrosa Roldán
Predecesor:
María Xesús Sáinz
  
Conselleiro de Educación
 
1987-1988
Sucesor:
Aniceto Núñez
Predecesor:
Xosé Luis Barreiro
  
Vicepresidente da Xunta
 
1988-1990
Sucesor:
posto suprimido durante 14 anos