Xavier Labandeira

economista español

Xavier Labandeira, nado en Vigo o 2 de xullo de 1967[1], é un economista e investigador galego especializado en cambio climático.

Xavier Labandeira
Nacemento2 de xullo de 1967
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago, obtivo un título de máster pola University College de Londres en economía ambiental, e doutorouse na Universidade de Vigo en Economía aplicada.

A súa actividade investigadora principal é o cambio climático, grazas á que ten publicado artigos en revistas líderes mundiais na materia como Energy Economics ou Climate Research.

En 2009 foi convidado a participar como membro no Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático da ONU. Membro fundador da Asociación Española de Economía da Enerxía, da que foi vicepresidente.

ObraEditar

Ademais de artigos e capítulos de libros, Labandeira é autor ou coeditor dos seguintes títulos:

  • Economic Modelling of Climate Change and Energy Policies, 2006, coeditado con C. de Miguel e B. Manzano.
  • Climate Change Policies. Global Challenges and Future Prospects, 2010. Escrito canda E. Cerdá.

NotasEditar

  1. "Currículo persoal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar