Xavier Carro Garrote
Francisco Xavier Carro Garrote, nado o 5 de abril de 1964 en Cedeira, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Nome orixinal | (es) Francisco Xavier Carro Garrote |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de abril de 1964 (60 anos) Cedeira, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
15 de setembro de 2009 – 27 de setembro de 2011 ← César Antonio Molina Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
24 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarÉ un técnico de electricidade e radio en Navantia (Ferrol), onde ademais se afiliou á UXT.
Nas Xerais de 2004 foi escollido deputado nas listas do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, onde permaneceu ata o remate da mesma. Nas eleccións de 2008 presentouse de novo como candidato ao Congreso dos Deputados, pero non obtivo escano. Xa que logo incorporouse ao Senado por designación da comunidade autónoma de Galicia, mais só figuraría na Cámara Alta durante pouco máis dun ano: a destitución de César Antonio Molina como ministro de Cultura, e a posterior renuncia ao escano, levaría a Carro de novo ao Congreso dos Deputados.
Non figurou na candidatura socialista ás eleccións de 2011. Ao remate da súa experiencia política regresou ao seu traballo en Navantia.
Vida persoal
editarEstá casado e ten dous fillos. É gaiteiro.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Xavier Carro, blog persoal.
- Conta persoal de Twitter.