Xardín botánico da Universidade de Bonn

Coordenadas: 50°43′29″N 7°05′30″L / 50.72472, -7.09167

O Xardín Botánico da Universidade Friedrich Wilhelms de Bonn, en alemán Botanischen Gärten der Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn, coñecido tamén como Xardín Botánico de Bonn, é un xardín botánico e arboredo dunhas 6,5 hectáreas de extensión abertas ao público, máis 3 hectáreas de uso privado).

Palacio de Poppelsdorf, no Xardín Botánico de Bonn

Depende administrativamente da Universidade Friedrich Wilhelms de Bonn e alberga unha das coleccións de plantas máis antigas de Alemaña.

LocalizaciónEditar

Encóntrase na Meckenheimer Allee 171, no barrio de Poppelsdorf en Bonn, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña.

Teléfono: 0228 - 735523.

HistoriaEditar

A orixe deste xardín botánico remóntase ao século XVI. No lugar onde está o xardín actual encontrábase na Idade Media unha fortaleza rodeada por un foso con auga e, desde aproximadamente 1340, foi unha posesión do Príncipe elector de Colonia.

No ano 1650 era un xardín renacentista cunha Orangerie. Durante 200 anos foi un xardín de lecer dos príncipes electores de Colonia. Frecuentemente en tempos de guerra o xardín era destruído, pero reconstruíase unha e outra vez no mesmo lugar e co mesmo estilo de xardín arquitectónico.

En 1720 remodelouse como un xardín barroco, dándolle un deseño que se mantivo até a actualidade, co palacio rococó de Poppelsdorf, rematado en 1746 polo arcebispo Clemens August. Dese tempo viven no xardín dúas faias centenarias.

Baixo a administración de Prusia, en 1818 o palacio e o parque adxacente pasaron a ser propiedade da Universidade de Bonn e, nese mesmo ano, o parque foi transformado nun xardín botánico, sendo o seu primeiro director Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck.

Durante o período de dirección de Eduard Strasburger o de Bonn foi un dos máis importantes xardíns botánicos de Prusia.

O xardín botánico non sufriu ningún estrago durante a Primeira Guerra Mundial, pero, en cambio, foi totalmente destruído na Segunda Guerra Mundial. A súa reconstrución terminou no período de 1979 a 1984, coa construción dos novos invernadoiros.

O xardín na actualidadeEditar

O ardín botánico de Bonn actualmente encóntrase distribuído en tres localizacións:

  • O Xardín Botánico orixinal, que se encontra o redor do palacio de Poppelsdorf.
  • As plantas de interese económico no Katzenburgweg.
  • Os Melbgarten no Nachtigallenweg (que non son visitábis polo público).

O xardín botánico ten en total unhas 6,5 hectáreas de superficie, con 11 invernadoiros equipados cos últimos adiantos técnicos que manteñen en perfectas condicións a unhas 8 000 diferentes especies de plantas, que desde 1990 son controladas mediante a correspondente base de datos electrónica.

O actual director do Xardín Botánico é o profesor Dr. Wilhelm Barthlott. O conservador, desde 1988, é o Dr. Wolfram Lobin.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Wilhelm Barthlott: "Geschichte des Botanischen Gartens der Universität Bonn; en: Heijo Klein: Bonn - Universität in der Stadt (Veröffentlichungen des Stadtarchivs Bonn, Band 48, S. 41-60), 1990
  • Botanischer Garten der Universität Bonn: Samenverzeichnis (früher: Delectus seminum); Bonn: Universität, 1871/72 - 2001/02 (Reihe).
  • Botanischer Garten der Universität Bonn (Hrsg.): Bäume und Sträucher im Botanischen Garten der Universität Bonn, 1998.

Ligazóns externasEditar