Xardín botánico da Fundación Sales

xardín botánico en Vigo
(Redirección desde «Xardín Botánico Fundación Sales»)

O Xardín botánico da Fundación Sales e o único xardín botánico da cidade de Vigo. Trátase dun arboretum, é dicir, un compendio de diversas especies de árbores de todos os recunchos do mundo, aínda que a súa colección inclúe todo tipo de especies vexetais.[1][2][3]

Fundación Sales
Tipoxardín botánico
Presidente/aAlberto Casal Rivas
Localización
EnderezoAvenida de Europa 52 · 36212
EnVigo
PaísGalicia
42°12′54″N 8°45′46″O / 42.214932812844, -8.7628226531916
Na rede
http://www.fundacionsales.org/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O xardín era propiedade do arquitecto e paisaxista Francisco de Sales Covelo. Á súa morte, os seus achegados crearon a Fundación que recibe o seu nome e que se encarga do cuidado e ampliación do seu legado. Nos cerca de 7000 metros cadrados que ocupa a propiedade atópase a antiga casa de Sales Covelo, que actualmente é a sede da Fundación.[1][3]

Especies vexetais editar

A fundación posúe algunhas xoias do mundo vexetal:

  • Wollemia nobilis: árbore que se creu extinguida e só se coñecía na forma fósil ata o ano 1994, cando se redescubriu na costa de Australia. O exemplar do xardín foi doado por un colaborador inglés no ano 2011.[3]
  • Victoria cruziana: planta acuática natural do río Paraná. É o único exemplar existente en España, procedente dunhas sementes doadas polo Real Xardín Botánico de Kew en Londres.[4][5][6][7][8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El único jardín botánico de Vigo, una joya oculta". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. .
  2. Turismodevigo.org
  3. 3,0 3,1 3,2 "Fundacionsales.org". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  4. Florece en Vigo el ejemplar de planta acuática más grande de España ABC, 2013.
  5. Baena, Ana (14 de agosto de 2013). "Un jardín botánico para Vigo". Atlántico Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  6. Florece el mayor nenúfar de España El Mundo, 08 de agosto de 2013.
  7. Florece el nenúfar gigante de la Fundación Sales La Voz de Galicia, 07 de agosto de 2013.
  8. Una flor única en la Fundación Sales Faro de Vigo, 08 de agosto de 2013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar