Xabier Casares
Francisco Xabier Casares Mouriño, nado en Xinzo de Limia o 10 de abril de 1946, é un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1945 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, pediatra ![]() |
Familia | |
Irmáns | Carlos Casares ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como pediatra. Foi director médico do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais na cidade de Ourense, onde vivía, entre 1991 e 1995, sendo o seu alcalde Manuel Veiga Pombo. En paralelo, nese mandato foi portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense[1]. Tralas eleccións de 1995 foi portavoz municipal do PSdeG en Ourense así como coordinador provincial do partido.
Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997, ano no que ademais accedeu ao Comité Federal do PSOE. En outubro de 1998 renunciou como concelleiro e coordinador para centrarse, pasando a centrarse na súa labor no Parlamento. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001. Deixou o Parlamento en abril de 2002.
Como irmán de Carlos Casares, na actualidade (2021) é o presidente da Fundación que leva o nome do escritor. Ademais, é presidente do Liceo Recreo Ourensán, unha institución cultural da cidade de Ourense.
Predecesor: Manuel Veiga Pombo |
Coordinador Provincial do PSdeG en Ourense 1995 – 1998 |
Sucesor: Gonzalo Iglesias Sueiro |
Vida persoal
editarFoi irmán de Carlos Casares e, por tanto, cuñado de Kristina Berg e tío de Håkan Casares e Christian Casares.
Notas
editar- ↑ "Xabier Casares: «Acórdome do meu irmán Carlos moitas veces cada día»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-04-01. Consultado o 2021-04-01.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Casares Mouriño, Xabier". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 111. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.