xHamster é un sitio web e rede social pornográfica con sede en Limasol na illa de Chipre[1]. Aloxa vídeos pornográficos subidos polos usuarios, webcams de modelos, fotografías pornográficas e literatura erótica, e incorpora trazos de rede social. Fundouse en 2007 e con máis de dez millóns de membros, e a terceira web pornográfica logo de XVideos e Pornhub.

O sitio produciu en 2016 The Sex Factor, unha serie de telerealidade na que homes e mulleres competían para se converter en estrelas porno.

O sitio está considerado por algúns expertos como unha fonte de programas maliciosos [2], e está bloqueado nalgúns países como parte de diversas campañas contra da pornografía en Internet. Así e todo é un dos sitios máis populares, situándose no posto 68 dos sitios máis visitados segundo o índice Alexa[3]

Notas editar

  1. Ben Woods (3 de marzo de 2016). "The (almost) invisible men and women behind the world’s largest porn sites". The Next Web. 
  2. "Popular porn websites 'host adverts with malware' - News - Gadgets and Tech - The Independent". The Independent. 12 de setembro 2014. 
  3. "XHamster Traffic, Demographics and Competitors". Alexa Internet. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 21 de abril de 2018.