X-Men Origins: Wolverine
X-Men Origins: Wolverine é un filme fantástico estadounidense de 2009 baseado en Wolverine, personaxe de banda deseñada da Marvel Comics. A súa estrea mundial foi o 8 de abril de 2009 en Sidney. O filme dirixiuno Gavin Hood e está protagonizado por Hugh Jackman como o personaxe principal, xunto con Liev Schreiber, Danny Huston, will.i.am, Lynn Collins, Taylor Kitsch e Ryan Reynolds. É o cuarto filme da serie X-Men e serve como precuela dos filmes previos, ambientado entre 10 e 17 anos antes do filme X-Men.
Sinopse
editarA trama céntrase no pasado violento do mutante Lobeto e a súa relación co seu medio irmán Victor Creed, así como os primeiros encontros co coronel William Stryker, o seu tempo co Equipo X e a operación na que cubriron do metal indestrutible adamantium todo o seu esqueleto.
A película filmouse na súa maioría en Australia e Nova Zelandia, con localizacións tamén no Canadá, con conflitos entre o director Hood e os executivos da Fox. O filme leva recadado 360 millóns de dólares en todo o mundo.