Cumes Torboentos

novela de Emily Brontë
(Redirección desde «Wuthering Heights»)

Cumes Torboentos[1] (en inglés: Wuthering Heights), é a única novela de Emily Brontë, publicada en 1847 baixo o pseudónimo de Ellis Bell, co título orixinal en lingua inglesa de Wuthering Heights. A súa irmá Charlotte Brontë preparou unha segunda edición póstuma.

Cumes Torboentos
Portada da primeira edición de Wuthering Heights (1847).
Título orixinalWuthering Heights
Autor/aEmily Brontë
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Thomas Cautley Newby
Data de pub. decembro de 1847
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-0-486-29256-8
TraduciónIván Sestay Martínez
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Aínda que a día de hoxe se considera un clásico da literatura inglesa, a súa acollida non foi demasiado boa. A súa estrutura innovadora, que adoita compararse cun conxunto de bonecas de matryoshka, desconcertou aos estudosos da literatura nun primeiro momento. Algúns críticos contemporáneos á autora mesmo pensaron que este era un traballo menor e menos maduro de Charlotte, que xa publicara Jane Eyre nese mesmo ano baixo o pseudónimo Currer Bell. Os críticos posteriores levaron a cabo unha revisión de Cumes Torboentos e coincidiron en que a súa orixinalidade excedía á dos traballos das irmás de Emily, Charlotte e Anne.

Existen moitas adaptacións desta novela, incluíndo varios filmes, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical, telenovelas e mesmo cancións[2].

Traducións ao galego editar

Traduciuno ao galego Luís de la Calle Carballal e publicouno en 2023 Edicións Laiovento co título de Cumes Torboentos, se ben na publicación feita co gallo dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, en 2003, aparecía un anaco da obra traducida por Iván Sestay Martínez, co título de Curutos treboentos[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar