Worten é unha empresa retallista comerciante portugués de produtos electrónicos, de consumo e de entretemento, pertencente ao grupo Sonae, con sede en Carnaxide. En 2022 ten máis de 180 tendas en Portugal.[1] Worten está presente nas principais rexións de Portugal, cunha rede de tendas que contan con dous tipos diferenciados: as grandes superficies, con preto de 500 m2 de superficie de venda, situadas nas galerías comerciais dos hipermercados Continente Modelo, e as megastores (macrotendas), con preto de 2000 m2, situadas nos principais centros comerciais.

Worten
Logo
Tiponegocio
Data de fundación1996
Organización matrizSonae
SedeCarnaxide
Na rede
https://www.worten.pt/
Facebook: wortenpt Twitter: WortenES Instagram: wortenpt Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A primeira tenda Worten abriu o 12 de marzo de 1996 na localidade próxima a Galiza de Chaves. En España adquiriu a cadea de tendas Boulanger en 2008, e as tendas PC City, en 2011.[2] A finais de 2018 Worten tiña unha tenda en Santiago de Compostela e outras 48 tendas en España. En 2019, Worten pechou nove tendas.[3]

En marzo de 2021, Worten vendeu 17 tendas en España a MediaMarkt por 5 millóns de euros. A transacción tamén inclúe o futuro peche doutras 14 tendas na España peninsular. Worten centrarase nas vendas a través da canle online e só manterá unha tenda física en Madrid e 15 nas Illas Canarias.[4]

Marcas propias editar

Actualmente Worten posúe as marcas Kunft, Mitsai, Becken e outras.

Notas editar