World War Z (filme)
World War Z é un filme británico-estadounidense dirixido por Marc Forster que se estreou no 2013. O guión de Matthew Michael Carnahan baséase na novela World War Z de Max Brooks. O filme está protagonizado por Brad Pitt no papel de Gerry Lane, un antigo investigador das Nacións Unidas que debe atopar o modo de deter unha pandemia zombi.[3]
World War Z | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | World War Z |
Director | Marc Forster |
Produtor | Brad Pitt Dede Gardner Jeremy Kleiner Ian Bryce |
Guión | Matthew Michael Carnahan Drew Goddard Damon Lindelof |
Baseado en | World War Z de Max Brooks |
Intérpretes | Brad Pitt Mireille Enos James Badge Dale Matthew Fox |
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Ben Seresin |
Montaxe | Roger Barton Matt Chesse |
Estudio | Skydance Productions Hemisphere Media Capital GK Films Plan B Entertainment |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2 de xuño de 2013 |
Duración | 116 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $190.000.000[2] |
Recadación | $540.007.876 |
Na rede | |
http://www.worldwarzmovie.com | |
Sinopse
editarCando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de mortos viventes, o experto investigador das Nacións Unidas Gerry Lane (Brad Pitt) intentará evitar o que podería ser a fin da civilización. A destrución á que se ve sometida a raza humana faille percorrer o mundo enteiro buscando a orixe da horrible epidemia que ameaza á súa familia e ó resto da humanidade.
Personaxes
editar- Brad Pitt como Gerry Lane, un antigo membro das Nacións Unidas que é chantaxeado para que investigue a terrible pandemia que se está a espallar por todo o planeta.
- Mireille Enos como Karin Lane, muller de Gerry e nai de dúas nenas.
- Fana Mokoena como Thierry Umutoni, Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- Daniella Kertesz como soldado israelí coñecida como "Segen" que acompaña a Gerry cando deixa Israel.
- James Badge Dale como Capitán Speke, ó cargo do Campamento Humphreys, en Corea do Sur.
- David Morse como exmembro da CIA prisioneiro por vender armas a Corea do Norte.
- Ludi Boeken como Jurgen Warmbrunn, Director da Mossad; responsable das defensas preventivas de Israel.
- Matthew Fox como soldado enviado por Thierry Umutoni para rescatar á familia Lane en Newark.
- Abigail Hargrove como Rachel Lane, filla máis vella de Gerry e Karin.[4]
- Sterling Jerins como Constance Lane, filla máis nova de Gerry e Karin.
- Fabrizio Zacharee Guidoas como Tommy, rapaz que é rescatado pola familia Lane en Newark despois de que os seus pais foran infectados.
Banda sonora
editarWorld War Z: Music from the Motion Picture | |
---|---|
Banda sonora de Marco Beltrami | |
18 de xuño de 2013 | |
Duración | 44:09 |
Xénero | Clásica |
Selo discográfico | Warner Bros. Records |
En decembro de 2011 publicouse que Marco Beltrami sería o compositor de World War Z.[5] En maio de 2013, a banda de rock británica Muse publicou un vídeo na súa canle de YouTube, no cal se revelaba que eles contribuirían na banda sonora de World War Z, e as cancións "Isolated System" e "Follow me" foron usadas.[6] En xuño, Warner Bros. Records lanzou o álbum da banda sonora, que contén as composición orixinais de Beltrami.[7]
- Philadelphia (4:03)
- The Lane Family (2:47)
- Ninja Quiet (2:54)
- Searching for Clues (5:33)
- NJ Mart (4:01)
- Zombies in Coach (3:43)
- Hand Off! (2:49)
- No Teeth No Bite (3:25)
- The Salvation Gates (4:24)
- Wales (5:22)
- Like a River Around a Rock (5:08)
Duración total (44:09)
Notas
editar- ↑ "WORLD WAR Z (15)". British Board of Film Classification. 5 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2013.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Goldberg, Matt (10 de agosto de 2011). "Official World War Z Synopsis Reveals Key Difference between the Movie and the Book". Collider. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ Lesnick, Silas (November 23, 2011). "Abigail Hargrove Talks World War Z". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 6 de xaneiro 2012.
- ↑ "Marco Beltrami to Score ‘World War Z’". Film Music Reporter. 27 de decembro de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Z". Official Muse Youtube channel. 21 de maio de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013.
- ↑ "‘World War Z’ Soundtrack Details". Film Music Reporter. 28 de maio de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial
- World War Z na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)