Wilma Rudolph

velocista estadounidense

Wilma Rudolph, nada en Marksville (Tennessee) o 23 de xuño de 1940 e finada en Brentwood o 12 de novembro de 1994, foi unha atleta estadounidense que destacou pola súa rapidez converténdose en 1961 na muller máis rápida do mundo.

Wilma Rudolph
Nacemento23 de xuño de 1940
Lugar de nacementoClarksville
Falecemento12 de novembro de 1994
Lugar de falecementoBrentwood
Causacancro de cerebro
SoterradaTennessee e Edgefield Missionary Baptist Church Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterTennessee State University
Ocupaciónvelocista
PremiosPrêmio James E. Sullivan, National Women's Hall of Fame, Distinguished Americans series, Associated Press Athlete of the Year e Associated Press Athlete of the Year
Na rede
IMDB: nm1356385 IAAF: 14372878 Olympic.org: wilma-rudolph WikiTree: Rudolph-229 Find a Grave: 5532 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi a primeira deportista estadounidense que conseguiu tres medallas de ouro nunha mesma cita olímpica sendo tripla medallista de ouro nos Xogos olímpicos de verán de 1960 en Roma en 100 metros, 200 metros e relevos 4 × 100 metros.[1] Tamén estivo en posesión de récords do mundo nestas tres disciplinas. Continúa a ser considerada como unha das principais influencias para as atletas negras estadounidenses polo impulso entre a mocidade negra feminina na práctica deste deporte.

Traxectoria editar

Era a vixésima de vinte e dous fillos dunha familia pobre afroamericana. Naceu prematuramente e tivo unha infancia con problemas de saúde: unha dobre pneumonía aos catro anos e un ataque de poliomielite que lle deixou paralizada unha perna durante varios anos aos seis. A pesar diso, o seu tesón levouna a superar estas contrariedades e foi unha boa xogadora de baloncesto e corredora no instituto.

Competiu nas eliminatorias para os Xogos Olímpicos de Melbourne en 1956, obtendo unha praza no equipo olímpico grazas ao seu segundo posto nos 200 metros lisos. Con todo, caeu eliminada na súa serie, ao quedar terceira na súa serie trala soviética María L. Itkina e a alemá Kohler. Participou nos relevos 4×100, onde o equipo dos Estados Unidos quedou en terceira posición, tras Australia e o Reino Unido.

Rudolph gañou en 1957 o campionato nacional júnior de 75 e 100 iardas. En 1958 foi nai. En 1960 gañou as eliminatorias de selección para os Xogos Olímpicos de Roma 1960, as probas de 100 e 200 metros lisos. Neses xogos olímpicos obtivo a medalla de ouro en ambas as probas, así como tamén na de relevos curtos. En 1961 en Moscova igualou a marca mundial dos 100 metros lisos con 11,3 segundos e rompeuno en Sttutgart catro días máis tarde con 11,2 converténdose na muller máis rápida do mundo e recibindo o sobrenome de "a gacela negra". Retirouse a finais de 1962, con 22 anos.

Moi activa nas protestas que tiñan lugar para terminar coas leis de segregación racial ao finalizar a súa carreira deportiva decidiu terminar os seus estudos e traballar cos mozos dos guetos das grandes cidades. Por iso, participou na 'Operación Champion', destinada a promover a práctica do deporte entre aqueles mozos que non tiñan opción de federarse e posteriormente creou a súa propia fundación, que se dedicaba a ofrecer adestramentos gratuítos e organizar competicións entre os mozos máis necesitados.

Morreu o 12 de novembro de 1994 aos 54 anos dun tumor cerebral. O seu funeral foi seguido masivamente e recibiu numerosas homenaxes.

Homenaxes e recoñecementos editar

En Clarksville, Tennessee hai unha rúa e unha estatua co seu nome.

En 1996 a Fundación Women's Sports creou o Premio de Wilma Rudolph á Coraxe.[2]

Tamén hai un premio co seu nome ás mulleres loitadoras, un colexio da zona americana de Berlín chámase como ela e, en 2004, o Servizo Postal dos Estados Unidos sacou un selo coa súa imaxe.

Notas editar

  1. Leal, Tolo (21 de agosto de 2015). "Wilma Rudolph, la enfermedad, la gloria y la muerte". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2017. 
  2. "Wilma Rudolph Courage Award - Women's Sports Foundation". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar