William Standish Knowles

químico estadounidense
(Redirección desde «William S. Knowles»)

William Standish Knowles, nado o 1 de xuño de 1917 en Taunton, Massachusetts (EUA) e finado o 13 de xuño de 2012 en Chesterfield, Missouri (EUA),[1] foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2001.

William Standish Knowles
William Standish Knowles é o cuarto empezando pola esquerda nunha recepción do presidente George W. Bush.
Datos persoais
Nacemento1 de xuño de 1917
LugarTaunton, Massachusetts Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento13 de xuño de 2012 (95 anos)
LugarChesterfield, Missouri Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaEsclerose lateral amiotrófica
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Lesley
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Columbia
  • Director de teseRobert Elderfield
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales. Levodopa
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2001)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria Editar

    Doutorouse na Universidade de Columbia en 1942. Xubilouse en 1986. En 2001 foi galardoado, xunto co xaponés Ryoji Noyori, coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos conxuntos sobre a reacción de hidroxenización utilizando catalizadores quirais. A outra metade do premio recaeu no seu compatriota K. Barry Sharpless por conseguir o mesmo obxectivo aínda que por un proceso diferente, utilizando neste caso a oxidación.

    Investigacións científicas Editar

    William S. Knowles descubriu que era posible utilizar os chamados metais de transición para obter catalizadores quirais nun importante tipo de reacción chamada hidroxenación.

    En 1968, cando traballaba para a compañía Monsanto en San Luís, Knowles achou o modo de producir a variante benigna do aminoácido Levodopa, que se usa para tratar a enfermidade de Parkinson.

    Notas Editar

    1. Kenneth Chang (15 de xuño de 2012). "William Knowles, Nobel Winner in Chemistry, Dies at 95". The New York Times. Consultado o 1 de xuño de 2013. 

    Véxase tamén Editar

    Ligazóns externas Editar

    Predecesor:
    Alan J. Heeger,
    Alan MacDiarmid
    e
    Hideki Shirakawa
    Premio Nobel de Química
     

    2001
    con
    Ryoji Noyori
    e
    K. Barry Sharpless
    Sucesor:
    John Fenn,
    Koichi Tanaka
    e
    Kurt Wüthrich