W. E. B. Du Bois

(Redirección desde «William Edward Burghardt Du Bois»)

William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.

W. E. B. Du Bois
Nome completoWilliam Edward Burghardt Du Bois
AlcumeWeb Dubois
Nacemento23 de febreiro de 1868 e 1868
Lugar de nacementoGreat Barrington
Falecemento27 de agosto de 1963
Lugar de falecementoAccra
SoterradoForte de Christiansborg e W.E.B. Dubois Memorial Centre for Pan African Culture
NacionalidadeEstados Unidos de América e Ghana
EtniaAfroamericano
Alma máterUniversidade de Fisk, Universidade Harvard, Universidade Humboldt de Berlín, Universidade de Heidelberg, Harvard College e Searles High School
Ocupaciónhistoriador, novelista, filósofo, escritor, sociólogo, asistente social, Activista polos dereitos humanos, fotógrafo, poeta, autobiógrafo, xornalista de opinión, mestre, xornalista, historiador da arte e economista
CónxuxeNina Gomer Du Bois e Shirley Graham Du Bois
FillosNina Yolande Du Bois
Coñecido porAs Almas da Gente Negra, John Brown, Black Reconstruction, Dusk of Dawn e The Philadelphia Negro
PremiosPremio Lenin da Paz, Medalha Spingarn e National Association of Black Journalists Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm1415438 IBDB: 9119
Musicbrainz: cc92038b-0460-4de9-b7f8-da1bdd96375a Discogs: 1368792 WikiTree: DuBois-2 Find a Grave: 6876927 Genius: Web-du-bois Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
W. E. B. Du Bois.

Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.

Mocidade editar

Era fillo de Alfred e Mary Dubois. Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.

Madurez editar

Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).

En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.

A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.