William C. McCool

astronauta estadounidense

William Cameron "Willie" McCool, nado en San Diego o 23 de setembro de 1961 e finado o 1 de febreiro de 2003, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-107, na cal faleceu durante o accidente do transbordador espacial Columbia.[1][2]

William C. McCool
e
Datos persoais
Nacemento23 de setembro de 1961
LugarSan Diego
Falecemento1 de febreiro de 2003
Actividade
MisiónsSTS-107
Tempo no espazo15,93 días
PremiosMedalla de Honra Espacial do Congreso, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e Eagle Scout
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

McCool graduouse en ciencias aplicadas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1983 e era máster en computación en 1985 e en enxeñería aeronáutica en 1992 pola Universidade de Maryland e a Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos respectivamente.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-107 do transbordador espacial Columbia. Pasou un total de 15,93 días no espazo, pero durante a reentrada atmosférica o transbordador desintegrouse, falecendo tódolos seus ocupantes.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "McCool, William Cameron 'Willie'" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (febreiro de 2003). "WILLIAM C. MCCOOL (COMMANDER, USN) NASA ASTRONAUT" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar