Wild Things

filme de 1998 dirixido por John McNaughton

Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell.

Wild Things
Ficha técnica
DirectorJohn McNaughton
ProdutorRodney M. Liber
Steven A. Jones
GuiónStephen Peters
IntérpretesKevin Bacon
Matt Dillon
Neve Campbell
Theresa Russell
Denise Richards
Daphne Rubin-Vega
Robert Wagner
Bill Murray
MúsicaGeorge S. Clinton
FotografíaJeffrey L. Kimball
MontaxeElena Maganini
EstudioMandalay Entertainment
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea20 de marzo de 1998
Duración108 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento20.000.000 $
Recadación56.000.000 $[1]
Na rede
IMDB: tt0120890 Filmaffinity: 777577 Allocine: 18033 Rottentomatoes: m/wild_things Mojo: wildthings Allmovie: v161793 TCM: 444211 Metacritic: movie/wild-things TV.com: movies/wild-things Netlix: 8188050Editar o valor em Wikidata

En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood. Realizáronse tres secuelas que saíron directamente en DVD Wild Things 2 (2004), Wild Things: Diamonds in the Rough (2005) e Wild Things: Foursome (2010).

A película recibiu a cualificación R da MPAA por "sexualidade, nudez, linguaxe e violencia forte".[2]

Argumento editar

Kelly Van Ryan, unha rapaza popular, e Suzie Toller, unha marxinada social, acusan a Sam Lombardo, un acreditado conselleiro de orientación escolar de Miami, de violación. Lombardo contrata o avogado Kenneth Bowden para que o defenda. No xuízo, Suzie admite que ela e Kelly acusárono para vingarse de Lombardo: Suzie por un cargo menor por posesión de drogas e Kelly por ter unha aventura coa súa nai. A nai de Kelly queda humillada polo escándalo, e Lombardo e Bowden negocian un acordo de 8.500.000 dólares por difamación. Mais o certo é que, Lombardo e as dúas rapazas acordaran utilizar o xuízo como unha forma de obter diñeiro da rica familia de Kelly. Para celebraren o seu éxito, os tres cómplices deciden ter relacións sexuais.

Elenco editar

 
Denise Richards, unha das protagonistas, nunha imaxe de 1999

Recepción editar

A película ten unha cualificación do 64% entre os críticos avaliados por Rotten Tomatoes, con respostas variadas pero en xeral positivas[3]. O filme recibiu unha puntuación de 52/100 en Metacritic, con críticas variadas pero en xeral mornas[4].

Variety eloxiou o elenco de Dillon, Bacon, Campbell, Richards, Russell, Murray e Snodgress: "É un conxunto que parece gozar o reto de realizar papeis pouco frecuentes e de temas pouco usuais. Non hai unha nota discordante". A revista tamén eloxiou o filme como "orixinal", cunha "brillante e irreal calidade que encaixa moi ben co pulso do drama".[5]

Notas editar

  1. "Wild Things". The Numbers. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  2. Mathews, Jack (20 de marzo de 1998). "Wild Things' Runs Rampant With Twists and Surprises". Los Angeles Times. Consultado o 2010-12-25. 
  3. Wild Things (1998) Rotten Tomatoes.
  4. "Wild Things", Metacritic, 8 de outubro de 2012.
  5. "Wild Things" Variety.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar