Wikipedia en irlandés

edición da Wikipedia en lingua irlandesa

A Wikipedia en irlandés (en irlandés: Vicipéid na Gaeilge) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua irlandesa. Creada en outubro de 2003, o seu primeiro artigo foi escrito en xaneiro de 2004. O fundador da Vicipéid foi Gabriel Beecham.[1] En setembro de 2005, máis de 1600 artigos foran escritos, cuns 173 usuarios (tanto habituais como irregulares) escribindo os contidos.[1] En marzo de 2007, arredor duns 20 Wikipedistas habituais estaban a escribir os artigos, chegando á cifra de sete mil artigos.[2] En febreiro de 2021, estaba xusto por debaixo da marca de 55 000 artigos, situándose no posto 94 das Wikipedias con máis artigos.

Wikipedia en irlandés
Logo da Wikipedia en irlandés.
Portada da Wikipedia en irlandés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasIrlandés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamentooutubro de 2003
Na rede
https://ga.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 60.136 artigos e 60.736 usuarios, dos cales 87 son activos.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Liam Upton. "Beo! - Wikipedia: tionscadal an-fhiúntach ar fad". Beo.ie. Consultado o 2011-11-03. 
  2. Willie Dillon (2007-03-09). "Wikipedia Insanica - Features, Unsorted". Independent.ie. Consultado o 2011-11-03. 
  3. All Wikipedias ordered by number of articles

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar