Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2010

O Cabalo de pura raza galega é a denominación que recibe oficialmente unha raza de Equus caballus de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de Galicia.

Outras denominacións tradicionais son cabalo galego de monte, cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país.

A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro oficial mantiña un censo de tan só 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de 2007 a poboación censada era de 1.300 exemplares.