Wikipedia:Sobre Galicia/novembro 2010
A cantiga de escarnio e maldizer, subxénero da lírica galego-portuguesa, inclúe tanto sirventeses morais e políticos, sátiras literarias e maledicencias persoais, como tenzóns, prantos e parodias; en resumo, os textos que non encaixan como cantiga de amigo e de amor. O trobadorismo galego-portugués perfeccionou unha canción satírica, á que lle daban o nome de sirventés, que, chegada ás nosas terras, influíu nos nosos trobadores para que estes, apoiándose quizais nunha tradición satírica autóctona transmitida oralmente e anterior á convivencia coas formas occitánicas, creasen un novo xeito de trobar: a cantiga de escarnho e maldizer.