Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2011

O Real Club Celta de Vigo é un equipo de fútbol fundado na cidade de Vigo en 1923 por unión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado en 1928. Actualmente xoga na Segunda división, desde o seu último descenso na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en Primeira división, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Actualmente ocupa o posto 12 da Clasificación histórica de Primeira, por detrás do Deportivo da Coruña. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña, chamándose aos partidos entre eles Derbis galegos. Tamén ten unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.