Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Filosofía Española e Galega/Brais Arriba

BRAIS ARRIBAS

RESUMEN

Brais Arribas naceu en Huesca no ano 1980 e realizou os estudos de filosofía doutorándose nesta cátedra. Actualmente traballa como profesor e como profesor-titor na UNED, así como tamén investiga na cátedra internacional de hermenéutica crítica Hecrítica, a cal pertence á UNED. A súa corrente de pensamento, a hermenéutica crítica, a herdou da influenza que a figura de Gianni Vattimo exerceu no seu pensamento. A produción filosófica deste autor galego trata cuestións de carácter ético e político, entre as súas obras destacan Outro xeito de ser. Una introducción ao pensamento de Gianni Vattimo (Estaleiro, 2010) y Sobre a eutanasia (Através, 2018). Tamén ten publicados varios artigos en revistas e en obras colaborando con outros autores.

TRAXECTORIA

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filosofía pola UNED cunha tese sobre o pensamento de Gianni Vattimo. Tras rematar a carreira, xunto con compañeires de filosofía formaron un colectivo que se chamou Proxecto Derriba, no cal procuraban traer o pensamento contemporáneo á lingua galega. Cada quen, dentro das súas posibilidades, escolleu unhe autore coa idea de facer cursos, conferencias, escribir textos e comezaron a publicar unha revista. En concreto Brais Arribas dedicouse ao pensamento italiano e máis concretamente con Gianni Vattimo. Ademais forma parte do grupo de investigación Hercritia, que é un grupo de investigación que hai na UNED que anteriormente se denominaba Onlenheres, no que se trataba a ontoloxía, a linguaxe, a hermenéutica e a estética. Actualmente dito grupo de investigación elabora o que podemos denominar como hermenéutica crítica.

Cun amplo recorrido como profesor de secundaria en diversos institutos, actualmente é profesor-titor da UNED na Coruña e é profesor universitario na facultade de Vigo nos graos de Ciencias da Educación e Traballo Social.

PENSAMENTO

A súa corrente de pensamento atopouna na figura de Gianni Vattimo, o principal representante do que se pode denominar como hermenéutica crítica. Cabe destacar entón as seguintes ideas claves do seu pensamento: en tanto que a realidade nunca se ve dun xeito directo facendo que non haxa nin suxeito nin obxecto así como tampouco entidades neutras e ascéticas que ven as cousas tal e como son. o obxecto preséntase como algo que se pode apresar completamente na medida en que sempre se está dentro porque se pertence a un contexto, comunidade lingüística, tradicións, se ten experiencias persoais, gustos, intereses, e todo está xogando como un mediador da forma de comprender a realidade, que non se trata dunha realidade maiúscula. Isto é, non hai unha verdade obxectiva, senón que hai microposicións, posicións débiles, que veñen a ser en última instancia posicións situadas, contextualizadas. Arribas, en tanto que ve a realidade ou as problemáticas de carácter filosófico dentro da intermediación que ofrece a hermenéutica crítica, recoñécese coma un pensador debilista ou debolista.

Entre as súas influencias, encontramos a máis marcada, Gianni Vattimo, mais tamén o tipo de filosofía máis literario, con autores como Nieztsche, Heidegger, Deleuze, Derrida, Foucault, Roberto Espósito, Zizek, Rosa Brandotti, Judith Butler, Vandana Shiva... conformando deste modo un mapa bastante amplo de influencias.

Outros temas que tratou Arribas foron a problemática da eutanasia na súa obra Sobre a eutanásia, así como tamén se achegou á cuestión do transhumanismo na súa obra Transhumanismo, Tecnociencias e antropotecnias. Entre os seus intereses, e tamén as súas investigacións, atópase ademais a ontoloxía, xa que dende a súa perspectiva por moito que un teña unha vocación práctica e lle interesen cuestións como o feminismo, ou a teoría queer, a ecoloxía, o animalismo, é dicir, cuestións de profundo carácter ético ou político, ou o retorno dos totalitarismos, ao final a perspectiva tense que basear nunha determinada maneira de concibir como son as cousas. Por outra banda, e seguindo esta liña de investigación, outra das súas lecturas se aproximaron ao que se denomina ontoloxía orientada a obxectos, corrente iniciada por Graham Harman. Tamén dende unha perspectiva ontolóxica publicou Fundamentos ontolóxicos da ecoloxía, onde trata a temática da ecoloxía.

OBRAS

Artigos en castelán.

“La ética diferencial de Rosi Braidotti”. Artigo de: Ágora: papeles de filosofía. Vol.37, n.2 (2018); p.173-191.

Este artigo consiste nunha análise da ética da diferenza producida por Rosi Braidotti, xunto coa concepción da subxectividade nómade e posthumana sobre a que se asenta. De acordo con Brais Arribas, a postura positiva e inmanente de Braidotti fai posíbel presentar unha alternativa á ética liberal e individualista. Dita ética ten a súa orixe no humanismo tradicional e está atravesada por múltiples perigos que se deben tratar de superar, como por exemplo, a lexitimación e reprodución da violencia existente, a cal obstaculiza o progreso da alteridade.

Artigos en galego.

“Antropotecnias: unha humanidade aumentada”. Artigo de: Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.274. (2020); p.67-69.

“Morte asistida e ética dos coidados”. Artigo de: Grial: revista galega de cultura. T.59, n.229 (xan.-mar.2021); p.33-39.

“A responsabilidade dos intelectuais”. Artigo de: Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.287 (abril 2021); p. 67-69.

“Do centro ó X”. Artigo de: Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.290 (xullo 2021); páxina 63-65.

“Sobre os obxectos”. Artigo de: Tempos novos: revista mensual de información e opinión para o debate. N.295; páxinas 67-69.

Ensaio.

Outro xeito de ser: unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo (Estaleiro editora, 2010)

Este ensaio é unha síntese do pensamento de Gianni Vattimo dende a propia interpretación de Brais Arribas, o cal alude a unha lista de termos que representarían a teoría do filósofo italiano. Dita interpretación non se debe tratar como unha explicación única e pechada, dado que un dos propósitos deste ensaio é intentar que o lector reflexione por si mesmo sobre o pensamento de Vattimo. Ademais, Arribas considera que presentar tal visión non sería viábel, xa que estamos ante un autor contemporáneo, isto é, o seu pensamento atópase nun proceso aberto de desenvolvemento.

Postmodernidad (Batiscafo, 2015; canda a Teresa Oñate)

Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016)

Esta obra ten a pretensión de descompoñer a violencia que se oculta baixo a categoría de Metafísica e de trazar unha alternativa que consiga debilitala seguindo as ideas de Gianni Vattimo. Nela, Brais Arribas defende que a noción de Metafísica simboliza o devir histórico da civilización occidental, a cal presenta unha gran carga de violencia explícita (os conflitos bélicos serían un exemplo dela), e outra máis difícil de percibir que se corresponde cunha teoría que concibe a realidade de tal modo que lexitima e xustifica os diversos tipos de violencia prácticas. Isto provoca que estas violencias sexan percibidas como admisibles dende un punto de vista racional. Por este motivo, o autor pensa que non se pode ignorar esta cuestión e que a loita debe comezar na filosofía, xa que no seo desta, atópanse os fundamentos teóricos que posibilitan os mecanismos de control e coerción.

Ontoloxía hoxe: somos unha conversa? Anotacións sobre filosofía e literatura, núm. 13 (Euseino? Editores, 2016)

Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital (Através, 2018)

Se pensarmos na eutanásia, com certeza o primeiro qeu nos virá à cabeça será o debate relativamente à sua despenalizaçao. Porém, a controvérsia à volta do tema deve inscrever-se, ou no mínimo contextualizar-se, noutra questão maior que remete para o significado original do termo, o bom morrer. Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019). Edición en castelá: Venir a menos: crítica de la razón nihilista (Catarata, 2019). Brais Arribas examina nesta obra a posibilidade dun nihilismo debolista co fin de combater o relativismo inconsciente do nihilismo e moitos postulados da metafísica positivista, teoría coa que se identifica o pensamento tradicional occidental. Trátase de explorar un nihilismo que se manteña aberto á alteridade, a diferenza e a pluralidade.

Transhumanismo: Tecnociencias e antropotecnias (Euseino?, 2021)

Este libro contén unha análise do transhumanismo, é dicir, da corrente cultural e filosófica que se sitúa a favor de aplicar os novos coñecementos, así como a tecnoloxía, para modificar a natureza humana co fin de perfeccionar as súas propias calidades, ou para que poida posuír outras alternativas.

Obras colectivas.

"O retorno do político" (xunto a Abraham Rubín). A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (2.0 Editora, 2012)

"Gianni Vattimo 1936: hermenéutica ontológica y pensamiento débil". 12 pensadores (y uno más) para el siglo XXI (Dykinson, 2014)

"La pluralidad reunida: el cuidado, el sujeto y la diferencia. Una visión nihilista del cuidado de sí". Hermenéuticas del cuidado de sí: Cuerpo, alma, mente, mundo (Dykinson, 2018)

"Ecologismo diferencial y nihilista", en Repensar lo común (Dykinson, 2019)

"El sujeto en la postmodernidad: crítica del humanismo y transhumanidad", en La cuestión del sujeto ante los retos de la globalización (Dykinson, 2019)

BIBLIOGRAFÍA

Entrevistando referentes: Entrevista a Brais Arribas (entrevistandoareferentes.blogspot.com)

Brais Arribas. (6 de setembro de 2021). Galipedia, a Wikipedia en galego. Consultado o 13 de maio de 2022 ás 12:59 en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Brais_Arribas&oldid=5862125.

Arribas, B. (2010). Outro xeito de ser. Unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo. Estaleiro Editora.

Arribas, B. (2016). Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (1st ed.). Dykinson, S.L.

Arribas, B. (2018). Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital. Santiago de Compostela: AGAL.

Arribas, B. (2019). Venir a Menos. Crítica de la Razón Nihilista. Madrid: Los libros de la catarata.

Arribas, B. (2021). Transhumanismo. Tecnociencias e antropotecnias. Vigo: Euseino?