|
Georg Friedrich Händel , nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. O seu inmenso legado musical, síntese dos estilos alemán, italiano, francés e inglés da primeira metade do século XVIII, inclúe obras de practicamente todos os xéneros da súa época, onde as súas 43 óperas, 26 oratorios e o seu legado coral son o máis sobresaliente e importante da súa produción musical.
|
|
As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
|

Tal día como hoxe no ano...
|
- 1452, nace Leonardo da Vinci (m.1519), pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico e escultor do Renacemento italiano.
- 1846, constitúese en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galiza, no seo do provincialismo.
- 1858, nace Émile Durkheim, sociólogo francés (m. 1917).
- 1912, o Titanic, un transatlántico construído en Irlanda, afunde na súa viaxe inaugural a través do Atlántico Norte ao chocar cun iceberg. Morreron máis de 1500 persoas.
- 1942, morre Robert Musil, escritor (n. 1880).
- 1960, nace Pedro Delgado, ciclista español, gañador do Tour de Francia 1988.
|
|
|
|