Wikipedia:Imaxes para borrar/Image:castelin.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Image:castelin.jpg editar
- Image:castelin.jpg
- Image:Avelino_gonzalez.jpg
- Image:Costascomesana.jpg
- Image:Escudocomesana.gif
- Image:Comesana1921.jpg
- Image:Soledad_castro.jpg
- RAZÓN A licenza non é compatible coa Galipedia Licenza C.C. 2.5. no comercial
- ARGUMENTOS Desculpas pola inexperiencia. --comesaña 09:48, 7 setembro 2007 (UTC)
- Comentario Os argumentos para o borrado son insuficientes por non se demostrar indicando a orixe que as imaxes son non comerciais. Así a todo, posto que as imaxes non teñen orixe expresa nos seus datos, considero que deben ser borradas por ausencia de orixe no prazo estipulado (a partir do momento en que o usuario que as cargou sexa avisado, cousa que acabo de facer)--Lmbuga Commons - Galipedia 00:17, 17 setembro 2007 (UTC)
- Borrar--Lmbuga Commons - Galipedia 00:17, 17 setembro 2007 (UTC)
- Comentario Foi o propio usuario qye subiu as imaxes, cando o informei eu, o que recoñeceu que non eran compatibles coa Galipedia e solicitou o seu borrado. Non entendo logo o prazo aberto agora e volver a informalo. Lansbricae (Ti dirás) 04:51, 17 setembro 2007 (UTC)
- Borrar Xa que cando se lle informou á persoa que as subiu dos requisitos e política de imaxes da Galipedia ela mesma soliclitou o seu borrado e lles puxo os marcadores de borrado á imaxe. Lansbricae (Ti dirás) 04:51, 17 setembro 2007 (UTC)
- ComentarioA situación destas imaxes pareceume complicada (espero non tela malinterpretado), pero ten unha boa saída dando gusto a todos. Explico o meu proceder:
- Unha vez que se coloca unha imaxe no dominio público e esta se aproba como tal (pasa un tempo), non se pode rectificar a licenza. Mostra disto témola en Commons coas imaxes de Flickr. Os usuarios de Flickr teñen a alternativa de rectificar a licenza das súas imaxes. É frecuente que os usuarios de Flickr cambien unha licenza comercial por unha non comercial. Como iso non se pode facer, en Commons revísanse por medio de bots acreditados ou administradores as licenzas das imaxes subidas de Flickr para acreditar que permiten obras derivadas e uso comercial. Se posteriormente a esa acreditación o que realizou a imaxe cambia a licenza, a imaxe de Commons non se borra pois o cambio de licenza non é válido.
- Polo tanto é preciso que un usuario acredite para borrar unha imaxe que subiu un motivo claro. Que se diga que non permiten uso comercial non é suficiente. Para podelas borrar ten que demostralo, ten que poñer a ligazón ó lugar en que están as imaxes e poder ser comprobada tal cousa.
- Pareceume ingrato dicirlle ó usuario que aportase ligazóns de cada unha das imaxes para posteriormente borralas. En vez de facer iso, pareceume mellor, posto que lles faltaba a orixe, borralas por ausencia de datos. Deste xeito non molestamos ó usuario.
- Ademais, inda qu non é, ó meu parecer, moi relevante, o usuario que cargou as fotos non é o mesmo que solicita o borrado.
En realidade, procurei simplificar, non molestar e borrar as imaxes seguindo as políticas. Nunha semana poden ser borradas inda que ninguén máis vote, o cal pode ser un prazo menor. --Lmbuga Commons - Galipedia 08:33, 17 setembro 2007 (UTC)
Por outra banda, podíase crear un conflito se non actúo así. Non se pode solicitar o borrado das imaxes (inda as cargadas por un mesmo) sen fundamentar o motivo de xeito que sexa comprobable (en Commons, dicir que a imaxe a cargaches ti, non é motivo suficiente para o borrado. Por exemplo, se a imaxe ten mal o nome, tes que indicar que xa cargaches a imaxe co nome ben para que poida ser borrada). Ademais, as licenzas non poden rectificarse salvo erro demostrable e comprobable (entendo que si se pode cambiar unha GFDL por unha PD, pois ten menos restricións). A votación, tal e como estaba plantexada, non procede. Só procedería o borrado se se engaden eses datos que permitirían comprobar a licenza. De non engadir eses datos e de ter as imaxes unha orixe que non teñen (por exemplo propia ou foto realizada por min), veríame obrigado, porque as normas so copyright (lexislación vixente) están por encima das decisións das decisións da comunidade, a actuar en contra da comunidade. En definitiva, coa miña actuación dei menos lata e quiteime un peso de encima--Lmbuga Commons - Galipedia 08:49, 17 setembro 2007 (UTC)
- Procedo a borrar as imaxes por ausencia de orixe. O usuario que as subiu estaba avisado dende o 15 de setembro.