Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Escudoreinogaliza.svg

Ficheiro:Escudoreinogaliza.svg editar

RAZÓN: Estimados compañeiros, hoxe subín ao commons unha nova versión do escudo do reino, na que se rectificaron as cruces do fondo conforme as representacións heráldicas fieis. Esta é a versión de commons que veñen empregando todas as páxinas que fan uso do arquivo e por iso optei por cambialo en commons. No arquivo que eu mesmo subín á galipedia hai anos, erroneamente lle adxudiquei ás cruces unha forma indebida; cruces de Santiago, mea culpa. Hoxe, que por fin dispoño dun pouco de tempo, amaño o erro. Polo tanto, solicito o borrado da miña propia creación xa que por unha banda ten o nome duplicado, e por outra é un deseño erróneo que eu mesmo enmedei na versión de commons no seu arquivo homónimo. Un saudo.--Alexandre Vigo 16:11, 15 de decembro de 2011 (UTC)

  Feito! Borrado de imaxe duplicada. Para outra ocasión ten en conta que Wikipedia:Imaxes para borrar... e un espazo de votación. Este caso era máis de expoñelo na páxina de conversa da imaxe ou na taberna (imaxes)--. HombreDHojalata.conversa 21:25, 16 de decembro de 2011 (UTC)