Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BandeiraMarin.PNG
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Amais de manifestar o usuario que subiu esta imaxe interese extremo para a manter (podo amentar a conversa), este usuario non é quen de demostrar que el é o propio autor de tódolos elementos presentes na bandeira (véxase a páxina de discusión da imaxe). O usuario xoga unha infantil partida de xadrez coa finalidade única de conseguir o que desexa, deixando de lado calquera valor colectivo.
Por outra banda, á hora de subir unha imaxe, a orixe debe estar clara; agora ben, se a imaxe é dun símbolo de Galicia, debe estar claro que a imaxe que se sobe corresponde exactamente ó símbolo que a Xunta de Galicia aprobou. Non é este o caso. O usuario non para de subir variacións desta imaxe (véxase a imaxe), na última versión variou as cores (non sei o motivo). A única referencia expresada polo usuario que obtiven sobre a orixe da imaxe que resultase fidedigna (ou que non fose fidedigna, pois foi a única) foi que a orixe era moi antiga.
Por outra banda, o usuario considera páxina de referencia a da Deputación de Pontevedra. Se se desexa que demostre que esa non pode ser páxina de referencia para a Galipedia, pódeseme pedir tal (levará un tempo tal demostración, pero é doado. Eu creo que o proceso debería ser o contrario, que se alguén a considera páxina de referencia, que o demostre: "Quen tal queira que pase o tal traballo").
A actuación de Pontevedra78 linda co vandalismo (esta afirmación tamén podo, se alguén mo solicita, fundamentala e percíbese na páxina de conversa da imaxe, na miña páxina de conversa, na súa páxina de conversa e na súa actuación. Ó meu parecer, a súa actuación é vandálica -levaríame tempo demostralo- e merece o bloqueo).
Retirei a imaxe do artigo Marín por compartir presenza cun escudo (tamén o retirei) co cal era incompatible por seren fundamentalmente diferentes: O escudo da bandeira e o propio escudo eran diferentes, totalmente diferentes.
Propoño a imaxe para borrar. Creo que se debería borrar por ser este borrado un acto respectuoso e responsable. Dá igual que puidese ser a imaxe legal e lexítima da propia da bandeira (non creo) ou que non o sexa, o que non pode ser é que se impoña á Galipedia unha imaxe cos procedementos do usuario en cuestión e sen ser el quen de demostrar que a bandeira que subiu é a bandeira que di.-- Lmbuga / Conversa comigo 01:44, 13 setembro 2009 (UTC)
- Borrar-- Lmbuga / Conversa comigo 01:49, 13 setembro 2009 (UTC)
- Borrar De acordo ó expresado, cómpre o borrado. --Alberte Si, dígame? 12:26, 13 setembro 2009 (UTC)
- Borrar --Atobar (conversa comigo) 12:29, 13 setembro 2009 (UTC)
- Borrar De acordo coa proposta ElviraConversa comigo 22:53, 13 setembro 2009 (UTC)
- Borrar Pontevedra78 | Queres falarme? 11:11, 15 setembro 2009 (UTC)
- Borrar. --Prevertgl 11:14, 15 setembro 2009 (UTC)
- Borrar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:06, 14 febreiro 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Temo que se poidan considerar as miñas palabras como palabras fóra de ton. Desexo aclarar varias cousas e así matizalas:
- Non propoño que Pontevedra78 sexa bloqueado. Creo que as súas actuacións, inda que merecentes de bloqueo, son de boa fe, polo que non propuxen o seu bloqueo.
- Afirmar que unha imaxe é propia sen ser propia é o acto no ámbito das imaxes máis merecente de bloqueo que poida darse.
- Por sorte non son administrador. Se o fose, teríao probablemente bloqueado por un par de horas para que reflexionase. Agora xa non procede.
Procedo a colocar na páxina de conversa (na desta páxina) as conversas tidas. Procedo, asemade a comentalas. Tardarei un cacho, espero poder facelo nun par de horas, pois inda teño que comprobar moitas actuacións, colocalas cronoloxicamente e facer os comentarios. -- Lmbuga / Conversa comigo 21:26, 13 setembro 2009 (UTC)
- Comentario Xa rematei co labor que dixen que ía facer na páxina de conversa. Tras rematalo, quero expresar que me sinto profundamente triste. Triste por ter que facer tal cousa por defender a miña imaxe. Triste porque non puiden case nunca facer o que acabo de facer cando era administrador e o tempo me comía para facer o labor ó que me comprometera. Triste porque dimitín como administrador porque estaba sendo vixiado e sabía que en calquera momento a miña situación sería indefendible agás que relacionase os datos tal e como acabo de facer (cousa que non sempre é doada ou posible), triste porque dimitín por non me sentir apoiado pola comunidade e, sobre todo, polos demais administradores; triste porque eu non preciso protagonismo-- Lmbuga / Conversa comigo 23:32, 13 setembro 2009 (UTC)