Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Vista Muxía.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 9 a favor, ningún en contra.
Ficheiro:Muxia, Spain - view from hill.jpg editar
- Información: Vista panorámica de Muxía desde o monte do Corpiño. Vexa a páxina Portos de Galicia. Imaxe creada por Estevoaei e cargada por Estevoaei; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 19:41, 9 xullo 2009 (UTC)
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 19:41, 9 xullo 2009 (UTC)
- Concordo. Moi boa fotografía. Parabéns. --Prevertgl 16:01, 10 xullo 2009 (UTC)
- Concordo.ElviraConversa comigo 20:39, 10 xullo 2009 (UTC)
- Concordo.--Xas (fálame) 12:28, 11 xullo 2009 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 12:03, 12 xullo 2009 (UTC)
- Concordo Esta mesma fotografía, feita un día de sol limpo e despexado, ten que resultar espectacular. Pedro --Lameiro (conversa) 12:21, 12 xullo 2009 (UTC)
- Concordo.--PepedoCouto (dimo aquí) 09:42, 13 xullo 2009 (UTC)
- Concordo Alberte Si, dígame? 13:32, 22 xullo 2009 (UTC)
- Concordo --Iago dime 17:54, 28 xullo 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Fago este comentario unicamente porque creo de interese que os que facemos habitualmente fotos reflexionemos xuntos sobre a cuestión que expresa Lameiro.
Na miña opinión, se o ceo fose azul e sen nubes, a foto estaría mal encadrada, tería demasiada porcentaxe dun ceo que por ser todo igual carecería de interese. Se o ceo fose azul eu recortaría a metade do ceo. Agora ben, xa teño levado sorpresas, nunca se sabe con seguridade o que é mellor de antemán, hai que ver as fotos. A min esta paréceme case perfecta e digo "case" porque a bo seguro que os ollos de Estevoaei captaban mellor a paisaxe do que a cámara-- Lmbuga / Conversa comigo 20:49, 15 xullo 2009 (UTC)
- ¿queres dicir que se o tercio superior (máis ou menos é esa franxa de ceo) de ceo azul e limpo sería "demasiado ceo"? Tomo nota porque eu, de estar aí arriba un día despexado, mesmo collería máis ceo. A ver se aprendo para a próxima foto en similares condicións: collerei unha franxa pequena, un tercio e un medio, a ver logo como me quedan as fotos. Saúdos, Pedro
- Normalmente o horizonte debe de estar xusto á altura de dous terzos da imaxe, nunca no medio da imaxe. Agora ben, se o ceo é inexpresivo, totalmente azul, eu recomendaría tirar unha foto a maiores con menos ceo; deste xeito, a foto podería ter maior profundidade. Ó final hai que decidir cal das fotos está mellor. Non te estrañes se queda mellor a que ten máis ceo, inda que a min, polo xeral, sóenme gustar menos, claro que depende do que haxa no primeiro plano. Para o meu gusto a esta foto sóbralle un case nada de ceo (amañábase recortándoo sen tocar as nubes), pero pode ser cousa de gustos (evidentemente, cando a única observación que se me ocorre sobre a foto é tan mínima coma esta, ten que ser porque a foto é boísima)-- Lmbuga / Conversa comigo 17:17, 21 xullo 2009 (UTC)