Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Vía XIX.svg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Vía XIX.svg editar
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 13-06-2012 - 22-07-2012
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 13:28, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- Información: Creada por: Usuario:Robot8A a raíz dunha solicitude no es:PR:TG/P, baseándose na información dun panel da Deputación-UE...
- DESCRICIÓN: Vía XIX. É unha imaxe vectorial, pódese ampliar ao tamaño que se queira sen perda de calidade. --. HombreDHojalata.conversa 13:28, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- A favor
- Concordo. Formato pouco explotado na sección, so houbo outro svg no ano 2007. --. HombreDHojalata.conversa 13:28, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- Concordo xa que se pode ligar con Calzada romana, Itinerario de Antonino, Lista de vías romanas, pero sigo botando de menos unha localización temporal (¿de que século a que século?, ou ¿cando se rematou esa estrutura viaria?)-- Lmbuga / Conversa comigo 14:41, 14 de xuño de 2012 (UTC)
- Concordo. Non se vé unicamente a vía XIX, penso que no pé de páxina temos que comentar un pouco as vías que vense. Deiqui que vaía a Portada (si a comunidade aproba a proposta) temos tempo de facelo. --Elvira (Conversa comigo) 13:38, 16 de xuño de 2012 (UTC)
- Concordo; --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:44, 25 de xuño de 2012 (UTC)
- Concordo -- JonnyJonny (conversa) 19:45, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Concordo--Nemigo 23:49, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- As reflexións que fago sobre a imaxe son contraditorias:
- Inaceptable descrición da imaxe para ser unha imaxe relevante (véxase datos da imaxe). É necesaria unha localización temporal (de que século ou séculos falamos?). En definitiva, son necesarias ligazóns relacionadas na proposta: cales? Temos obriga de ler artigos para votar?
- .SVG é sempre sinónimo de calidade (cando as imaxes están ben feitas coma esta)
- Votarei en contra se non se ofrecen máis datos na descrición do arquivo.-- Lmbuga / Conversa comigo 17:50, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- Asómbrame o comentario. E o de "inaceptable", paréceme, dende logo, algo esaxerado. Na "imaxe da semana" da Galipedia nunca se falara da extensión ou a calidade da description en Commons. De feito a descrición en Commons podería estar, dado o caso, en chinés. De calquera maneira, ese "problema", se é que o hai, parece máis axeitado solucionalo alí, en Commons, non? (tárdase menos tempo en amañalo alí que en debatelo aquí).
- A imaxe na portada da Galipedia, como é ben sabido de todos, iría cun pé de foto no que se ligarían un ou varios artigos da Galipedia, entre eles Vía XIX, que xa indiquei na proposta, resaltándoo en negrita. Outros poderían ser Calzada romana, Itinerario de Antonino, Lista de vías romanas ... etc.
- En canto o de ler ou non ler artigos, ninguén che "obriga". Como xa se dixo en moitas ocasións, a imaxe da semana serve, entre outras cousas, para iso, para promover a lectura dalgún artigo. Esa é a idea. Porén, ninguén esta "obrigado" a facelo, claro.
- De todas, o artigo en cuestión, de momento, so ten un par de liñas, inda que contén, penso, algunha ligazón interesante. Esa pode ser outra das intencións da imaxe, ao igual que o que argumentabas ti fai pouco de meter ligazóns vermellas, animar á participación, a que outros usuarios comecen artigos ou amplíen os xa feitos.
- Aínda así, para quen prefira ler a descrición en Commons, xa pasei alí a información. --. HombreDHojalata.conversa 20:07, 13 de xuño de 2012 (UTC)
- Grazas e desculpas por seren as palabras esaxeradas en vez de evidentes. Considero que estas ligazóns Calzada romana, Itinerario de Antonino, Lista de vías romanas deberían estar na proposta. Considero inaceptable usar a pobre descrición que aparece na imaxe como única descrición da proposta da imaxe da semana. É unha opinión persoal que interpretaba común. Ó presentares esas ligazóns xa me dou conta de que o texto que acompañe a imaxe vai ter peso. Quixen expresar que eu non tiña que buscar esas ligazóns e que, sen embargo, necesitábaas para votar. Agora xa podo votar a favor plenamente convencido.-- Lmbuga / Conversa comigo 14:41, 14 de xuño de 2012 (UTC)