Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Gaivota Illa san martiño Cíes.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Gaivota Illa san martiño Cíes.jpg editar
Votación PECHADA: aprobada
Período de votación: 21/11/2016 - 6/12/2016
SI: 6 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 21 de novembro de 2016 ás 07:05 (UTC) (Período de votación: dende o 21-11-2016 ata, polo menos, o 06-12-2016)[responder]
- Información: Cargada por: Banjo (conversa · contribucións)
- DESCRICIÓN: Gaivota e vista da illa de San Martiño. Vexa o artigo Parque Nacional das Illas Atlánticas--☣Banjo tell me 21 de novembro de 2016 ás 07:05 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 21 de novembro de 2016 ás 07:05 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 21 de novembro de 2016 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2016 ás 11:45 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 21:46 (UTC)[responder]
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 13:16 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 30 de novembro de 2016 ás 00:09 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. É unha mágoa porque estéticamente gústame a imaxe, o problema é que todo o horizonte está queimado. Hai exceso de luz na imaxe, pode verse no cuarto superior, a area da praia, os penedos da parte inferior... Cunha boa cámara tería salido unha moi boa foto, pero cun teléfono un día de tanta luz... teñen que aliñarse os planetas para que non se queime. Piquito (conversa) 22 de novembro de 2016 ás 22:30 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Queimado? Vese toda a liña de costa no fondo! Exceso de luz? Distinguindose sombras e luces na gaivota e nas rochas, tanto nas de primeiro plano como nas da illa? Hai algún requisito mínimo de cámara para poñer unha imaxe na portada? Logo, só se poden usar cámaras ópticas de última xeración, as que so os profesionais ou moi afeccionados teñen acceso? Fai o favor, a próxima vez procura unha excusa mellor Piquito. Se non queres que vaia a portada por ser unha foto miña indícao sen máis, non andes con rodeos. A túa actitude perante as propostas e achegas dos demais empeza a ser bastante cansina, a verdade, e non só no que respecta ás miñas. ☣Banjo tell me 22 de novembro de 2016 ás 22:44 (UTC)[responder]
- Banjo, engánaste. Se considero que a imaxe ten calidade para ir á portada tanto me ten que a imaxe sexa túa ou de Perico de los Palotes, de feito non tiven problema en apoiar propostas túas de artigos bos, outras propostas túas de imaxe da semana que saíron a votación, teño votado moitas propostas túas a artigo de calidade, sempre afirmativamente. Creo que teño dereito a discordar de que apareza esta foto que tomaches ti, como o teño feito con imaxes de Elisardojm cando considerei que non chegaban ao mínimo que eu considero que deben cumprir. Para min o cuarto superior ten demasiada luz, iso é principalmente o que estraga a imaxe, creo que teño dereito a opinar sen que veñas a dicir que voto en contra porque che teño antipatía e te poñas a atacarme publicamente nunha votación, pero de que vas? Agora vai resultar que non podo dar a miña opinión porque se é contraria ten que ser porque me caes mal... para flipar. E menos mal que dixen que esteticamente me gustaba, senón se liaba a mundial... Piquito (conversa) 22 de novembro de 2016 ás 23:02 (UTC)[responder]
- Desdeñas as contribucións e achegas de todo aquel que che leva a contraria nalgún momento[1]. Desdeñas os argumentos e opinións dos demais, sen achegar argumentos propios de peso ou defendelos máis que escudándote en que ós máis estamos en contra túa.[2] As interpretacións de políticas e procesos dos demais son sempre incorrectas para ti cando non caen na túa banda.[3] Non é esta proposta, dame igual a imaxe e a portada, por iso nunca voto nas propostas a non ser que sexa unha proposta feita por min na que vai por defecto. É unha actitude continuada de oposición e contrariedade por conveniencia ou oportunidade,[4] tentando impoñer ideas contrarias a consensos amplos e estándares establecidos na comunidade.[5] E por suposto, sempre tes a última palabra en todo. Responde con outro argumento baleiro se queres, ou escudate en que nos caes mal a todos, segue coas túas lerias. Fai o que consideres oportuno.[6] Eu desisto, isto non leva a ningún sitio, como sempre. ☣Banjo tell me 22 de novembro de 2016 ás 23:29 (UTC)[responder]
- Banjo, as votacións non son o lugar para facer ataques persoais, pregaríache deixes este espazo para discutir sobre a imaxe e me fales na miña conversa. Moitas grazas. Recibe un afectuoso saúdo, Piquito (conversa) 22 de novembro de 2016 ás 23:52 (UTC)[responder]
- Desdeñas as contribucións e achegas de todo aquel que che leva a contraria nalgún momento[1]. Desdeñas os argumentos e opinións dos demais, sen achegar argumentos propios de peso ou defendelos máis que escudándote en que ós máis estamos en contra túa.[2] As interpretacións de políticas e procesos dos demais son sempre incorrectas para ti cando non caen na túa banda.[3] Non é esta proposta, dame igual a imaxe e a portada, por iso nunca voto nas propostas a non ser que sexa unha proposta feita por min na que vai por defecto. É unha actitude continuada de oposición e contrariedade por conveniencia ou oportunidade,[4] tentando impoñer ideas contrarias a consensos amplos e estándares establecidos na comunidade.[5] E por suposto, sempre tes a última palabra en todo. Responde con outro argumento baleiro se queres, ou escudate en que nos caes mal a todos, segue coas túas lerias. Fai o que consideres oportuno.[6] Eu desisto, isto non leva a ningún sitio, como sempre. ☣Banjo tell me 22 de novembro de 2016 ás 23:29 (UTC)[responder]
- Banjo, engánaste. Se considero que a imaxe ten calidade para ir á portada tanto me ten que a imaxe sexa túa ou de Perico de los Palotes, de feito non tiven problema en apoiar propostas túas de artigos bos, outras propostas túas de imaxe da semana que saíron a votación, teño votado moitas propostas túas a artigo de calidade, sempre afirmativamente. Creo que teño dereito a discordar de que apareza esta foto que tomaches ti, como o teño feito con imaxes de Elisardojm cando considerei que non chegaban ao mínimo que eu considero que deben cumprir. Para min o cuarto superior ten demasiada luz, iso é principalmente o que estraga a imaxe, creo que teño dereito a opinar sen que veñas a dicir que voto en contra porque che teño antipatía e te poñas a atacarme publicamente nunha votación, pero de que vas? Agora vai resultar que non podo dar a miña opinión porque se é contraria ten que ser porque me caes mal... para flipar. E menos mal que dixen que esteticamente me gustaba, senón se liaba a mundial... Piquito (conversa) 22 de novembro de 2016 ás 23:02 (UTC)[responder]
- Banjo, penso que o comentario de Piquito non tiña a idea que ti lle das e que simplemente é a súa opinión sobre a imaxe. Sobre a túa última achega a esta conversa penso que deberías borrala porque creo que non é construtiva e non segue Wikipedia:Civismo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 01:34 (UTC)[responder]
- O comentario nesta votación só é a gota que enche o vaso. Manteño todo o que dixen na miña última mensaxe. Xa que indicas a política, engado algúns, non todos, dos difs pertinentes como indica a mesma tras unha procura rápida. ☣Banjo tell me 23 de novembro de 2016 ás 08:21 (UTC)[responder]
- Banjo, penso que o comentario de Piquito non tiña a idea que ti lle das e que simplemente é a súa opinión sobre a imaxe. Sobre a túa última achega a esta conversa penso que deberías borrala porque creo que non é construtiva e non segue Wikipedia:Civismo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 01:34 (UTC)[responder]
Referencias
- Banjo creo que deberíamos tratar este tema con calma e noutro lugar que non é este. Se Piquito e ti queredes podemos facer unha subpáxina, ou outra cousa, para conversar sobre este desencontro e tratar de solucionalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 10:45 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Pásao á taberna/taboleiro ou algunha páxina de conversa se o consideras máis axeitado. ☣Banjo tell me 23 de novembro de 2016 ás 10:53 (UTC)[responder]
- Elisardojm, eu non teño ningún problema en conversar e arranxar as cousas, así que por min podes crear esa subpáxina. Con todo, creo que este diálogo ten que partir da base dun respecto. Considero que antes de abrir ningún diálogo ten que haber unha rectificación e unha desculpa pública polos inxustificables comentarios ofensivos realizados contra min, danando a miña imaxe e predispoñendo aos demais membros da comunidade en actitudes pouco positivas cara min e/ou o meu traballo. Unha vez haxa esa desculpa e rectificación podemos tratar o que sexa. Un saúdo e grazas. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2016 ás 23:37 (UTC)[responder]
- Piquito, eu creo que primeiro debemos falar sen poñer condicións previas e aclarar os problemas que haxa coa base do respecto mutuo, se realmente queremos resolver esta situación... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 03:02 (UTC)[responder]
- Primeiro, a opinión que tentei expresar é que dende xa bastante tempo Piquito mantén unha actitude combativa e de oposición, cun punto de vista que non se axeita ó habitual consenso do resto, actitude na que os argumentos que se lle presentan na súa contra son case sempre obviados ou non valorados, unha actitude que é xeralmente prexudicial para o ambiente editorial e os procesos de procura de consenso da Galipedia, e para o que manteño os difs e historias achegados como exemplos. Segundo, na miña intención de expresar esa opinión empreguei unha linguaxe errónea e a todas luces excesivamente violenta e/ou ofensiva, polo que lle pido desculpas tanto a Piquito coma ó resto da comunidade. Polo demais, non teño intención de continuar con este tema máis aló, para min morreu aquí o conto. ☣Banjo tell me 24 de novembro de 2016 ás 07:11 (UTC)[responder]
- Primeiro de todo agradecer a Banjo que recapacitara e fixera autocrítica sobre as formas empregadas. Aínda que non queira falar agora eu sempre estarei aberto ao diálogo, con el e con todo aquel que queira. Non creo que sexa malo mostrar un punto de vista contrario aos consensos, creo que na diversidade está a riqueza, e pensar distinto simplemente pode xerar unha inercia de cambio que conduza a unha mellora no mellor dos casos, ou a darse conta de que o que había era, se non o mellor, si algo máis axeitado que a nova solución. É unha mágoa que Banjo teña unha idea distorsionada de min, e que tanto el como outra xente non me deran a min a posibilidade de explicarme e non me tenderan a man, é unha mágoa que se deixen enquistar as cousas e logo dun tempo te saquen historias de hai meses... Eu non son unha persoa perfecta nin un usuario perfecto, son o mellor que sei ser, a todos se nos pode ir a boca (para exemplo esta votación), pero oxalá a min se me tivera dado a oportunidade de explicarme, de pedir desculpas se fora necesario (a min nunca se me caeron os aneis por pedir desculpas, nin aquí nin na vida real). Todos podemos ofender inconscientemente, e máis aínda aquí, que todo é escrito, o importante e non deixalo correr, falar coa persoa para que poida explicarse, porque moitas veces o único que hai aquí son malos entendidos que medran ata converterse nunha bola tan grande que impide ver algo positivo na outra persoa, por iso a importancia de dicirlle aos demais as cousas que nos molestan, para que a outra persoa poida explicarse, iso é o que eu fago (recoñezo que non sempre dos mellores modos, é o malo de escribir en quente, pero son unha persoa coa que se pode dialogar) e dende logo o que me gustaría que fixeran comigo. Finalmente, Elisardojm, grazas polos teus intentos de pacificar, como resposta ao teu último comentario, non se trataba de impoñer ningunha condición, simplemente que eu na miña vida non me sentaría a falar cunha persoa que me tivera insultado publicamente e logo se tivera reafirmado, non o ía facer aquí, podes non concordar, pero para min é o máis lóxico, e a Banjo non lle debeu parecer ilóxico. Nada máis, reiterar que estou aberto a aclarar o que sexa (mesmo os difs aportados) con quen o desexe, pedir desculpas se a alguén sentoulle mal algo expresado por min aquí ou en calquera outro lugar, así como por ter xerado (aínda que fora inconscientemente) esta tensa discusión nunha votación. Piquito (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 23:52 (UTC)[responder]
- Creo que todos temos un obxectivo común: que a Galipedia sexa mellor día a día, polo tanto creo que deberíamos dar máis importancia ás achegas que fai cada un ó proxecto e un pouco menos ás palabras que usa. As palabras poden malinterpretarse, poden distorsionarse e ser excesivas nun momento determinado. A maioría de nós estamos expostos a iso porque ás veces non é doado expresar as ideas e os sentimentos nunha páxina web fría, pero creo que debemos procurar comprendernos un pouco mellor os uns ós outros porque todos perseguimos a mesma idea e paga a pena pararse un pouco e intentar comprender a posición dos demais usuarios, e se non o damos comprendido, preguntar, tranquilamente e con palabras normais, porque todos os que estamos aquí somos compañeiros.
- Todos cometemos erros, e temos dereito a cometelos porque non somos perfectos, todos nos quentamos cando non deberíamos, pero hai que pararse, pensar friamente e tratar as ideas, propostas e comentarios dos demais con respecto, sempre, e procurando non ofendelos e usar boas palabras para expresar as nosas propias ideas e comentarios. Porque falando é como se entende a xente, permitindo aclarar as posturas, non sacando as nosas propias conclusións e escoitando e intentando entender a postura dos demais.
- Cando queirades eu estou disposto a botar unha man para axudar a aclarar o que faga falta, ou o que vexades, e intentar que as relacións entre todos sexan as mellores posibles.
- Grazas ós dous polo voso inmenso traballo, ás vosas grandes achegas ó proxecto e a todo o voso esforzo para que a Galipedia mellore día a día, e sempre que o precisedes podedes contar comigo para o que sexa, xa o sabedes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2016 ás 03:35 (UTC)[responder]