Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Richard Wagner
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Richard Wagner editar
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 24 de agosto de 2016 - 23 de setembro de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 00:37 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 24-08-2016 ata o 23-09-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre o compositor alemán traducido e adaptado das Wikipedias en inglés e en castelán (nas dúas o artigo é de calidade) con algún engadido. Trata en detalle a vida, a obra e o pensamento dunha das personalidades máis importantes da historia da música. O artigo cumpre con todos os requisitos para ser a artigo de calidade, cuns contidos verificables e ben referenciados, de feito é un dos que conta con máis referencias e un dos máis grandes de todas as Wikipedias sobre Wagner (e o 54º máis grande da Galipedia a día da proposta). Conta con numerosas imaxes, notas ao pé, unha extensa sección con bibliografía de referencia, ligazóns aos proxectos irmáns e aos portais da Galipedia correspondentes, ligazóns externas de interese. É un artigo fundamental e imprescindible para toda enciclopedia, forma parte dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter, e con todo merecemento. --Piquito (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 00:37 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 00:37 (UTC)[responder]
- Concordo. ----Alfonso mande 31 de agosto de 2016 ás 02:21 (UTC)[responder]
- Concordo. ----Isili0n conversa 20 de setembro de 2016 ás 21:37 (UTC)[responder]
- Concordo. Revisei o artigo e amañei os erros ortográficos e de parámetros de referencias que atopei. Polo demais eu penso que é un artigo de calidade con tódalas letras. Tódolos artigos poden ter melloras, este tamén, pero eu penso que no seu estado actual xa é de calide con creces. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 10:29 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 10:42 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 10:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Aínda que lle pasei o corrector ortográfico, pode que queden cousiñas (había cousas que non me encaixaban do corrector) e pode que algún erro non o detectara. Estaría ben revisar as referencias tipo "Harvard", (eu non controlo eses temas) que, por exemplo nos casos nos que o libro non ten data (véxase Millington) non ligan ao libro da bibliografía, e outras veces simplemente non liga aos libros... con todo isto é un detalle menor que non debería restar mérito ao artigo, xa que os contidos son de calidade. Piquito (conversa) 24 de agosto de 2016 ás 00:37 (UTC)[responder]
- Comentario. Formato: Varias das fontes bibliográficas non están ben transcritas. Nas fontes orixinais figuran como artigos ou capítulos de libros (os títulos de artigos ou capítulos deben ir en letra normal entre comiñas) e no artigo da Galipedia figuran como se fosen títulos de libros (en cursiva e sen comiñas). WP:LE. --. HombreDHojalata.conversa 24 de agosto de 2016 ás 07:03 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, o problema que hai é que non coñezo outro xeito de que funcionen as citas tipo Harvard... ao poñer o capítulo sen o título do libro aparece un marcador que require o título, polo que habería que sinalar os mesmos libros varias veces na bibliografía. Seguramente ti ou Banjo coñecedes xeitos de facer que iso non ocorra, ou haxa algún modelo de cita que se adapte. Seguramente vós vedes máis problemas técnicos porque sabedes do tema, eu só podo avaliar o artigo (este e todos) polos contidos que teñen, creo que no resto xa entra a dimensión colaborativa do proxecto, que os que dominades de técnica revisedes eses aspectos das propostas e arranxedes os problemas que poidan ter e que os que somos ignorantes na materia non sabemos solucionar (neste caso en concreto non sei por que, pero hai citas tipo Harvard con data que tampouco funcionan) ou non vemos. Eu teño a páxina en vixilancia e podo ver os cambios e tentar aprender, tamén acepto leccións na miña conversa para tentar mellorar no futuro. Sería unha mágoa ir tirando propostas que están ben nos seus contidos porque estas teñan defectos técnicos. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 17:38 (UTC)[responder]
- Por alusións. Descoñezo a que entradas concretas se refire HombreDHojalata, pero en xeral os modelos de citas teñen indicado cada un deles na súa documentación en que parámetros indicar qué datos, cando e como usalos, para que o formato sexa automático e conforme ó WP:LE e ó estilo APA. Cunha indicación máis concreta podería ver cales son esas en particular. O que sí podo ver a primeira vista é que, polo menos no que respecta ás referencias, precisa unha volta tanto no aspecto técnico (Categoría:Artigos con ligazóns externas rotas desde agosto de 2016, Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen URL e con data de acceso, Categoría:Wikipedia:Páxinas con modelos con argumentos duplicados, Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias web sen URL, Categoría:Wikipedia:Páxinas con ISSN incorrectos. Info para solucionalos: Axuda:Erros nas referencias e Wikipedia:Ligazóns mortas), de formato (usar {{harvnb}} ou {{sfn}} no lugar de {{cita harvard}} na maioría de casos) e de falta de referencias puntuais (p.ex: notas 4,6,7; "é a única empresa de tal magnitude que é representada regularmente nos escenarios de todo o mundo.", "Con esta obra, Wagner puña en práctica o seu concepto de «Gesamtkunstwerk» («obra de arte total»), na que o drama, a música e as artes visuais combinábanse harmoniosamente." ...). Na propia votación a "calidade" da fonte inglesa indicáronse varias cuestións no seu momento (2013) que alí quedaron sen resolver cando se aprobou. Só lle botei un vistazo rápido, polo que descoñezo se nesta tradución esas cuestións están correctamente adaptadas e arranxadas. ☣Banjo tell me 26 de agosto de 2016 ás 18:35 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, o problema que hai é que non coñezo outro xeito de que funcionen as citas tipo Harvard... ao poñer o capítulo sen o título do libro aparece un marcador que require o título, polo que habería que sinalar os mesmos libros varias veces na bibliografía. Seguramente ti ou Banjo coñecedes xeitos de facer que iso non ocorra, ou haxa algún modelo de cita que se adapte. Seguramente vós vedes máis problemas técnicos porque sabedes do tema, eu só podo avaliar o artigo (este e todos) polos contidos que teñen, creo que no resto xa entra a dimensión colaborativa do proxecto, que os que dominades de técnica revisedes eses aspectos das propostas e arranxedes os problemas que poidan ter e que os que somos ignorantes na materia non sabemos solucionar (neste caso en concreto non sei por que, pero hai citas tipo Harvard con data que tampouco funcionan) ou non vemos. Eu teño a páxina en vixilancia e podo ver os cambios e tentar aprender, tamén acepto leccións na miña conversa para tentar mellorar no futuro. Sería unha mágoa ir tirando propostas que están ben nos seus contidos porque estas teñan defectos técnicos. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 17:38 (UTC)[responder]
- Comentario Boas, HombreDHojalata podes poñer un par de exemplos concretos do problema e Banjo, cando el os teña apuntados ti podes amañalos para ver como se fai? Eu vou revisar a ortografía e a redacción do artigo ós poucos e a ver se entre todos podemos facer que este artigo sexa de calidade porque penso que moito non lle ha faltar. Grazas de antebrazo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2016 ás 10:07 (UTC)[responder]
- @ User:Elisardojm. Bueno, do que eu falo é evidente, so tes que comparar as seccións en:Other sources e gl:Outras fontes. Para amañalo non hai que ser experto en nada, simplemente, cando se trate do título dun capítulo, hai que poñelo no parámetro
|capítulo=
, non no parámetro|título=
. Sobre o resto do artigo non podo opinar, non o lin. --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2016 ás 21:56 (UTC)[responder]- Moi ben, grazas polo comentario, se alguén quere ir revisando iso será unha boa axuda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 19:56 (UTC)[responder]
- Ben, Elisardojm, o que comenta HombreDHojalata está moi ben, só que non funciona, xa o fixen eu, podedes ver na miña contestación do 26 de agosto que non funciona. Non podes poñer unha "cita libro" sen título do libro, xa expuxen no seu día o que pasaba. Piquito (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Moi ben, grazas polo comentario, se alguén quere ir revisando iso será unha boa axuda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 19:56 (UTC)[responder]
- @ User:Elisardojm. Bueno, do que eu falo é evidente, so tes que comparar as seccións en:Other sources e gl:Outras fontes. Para amañalo non hai que ser experto en nada, simplemente, cando se trate do título dun capítulo, hai que poñelo no parámetro
- Comentario. Sobre o tema das referencias que cita Banjo, a nota 4 pode referenciarse aquí, por exemplo, chega con mirar en Google, de todos xeitos non é un tema que precise referencia, é unha simple aclaración, o único que quere dicir esa nota é que se les algunha fonte na que se fala de Leubald und Adelaide tes que saber que refírese a Leubald, non creo que haxa que referenciar unha nota así. Sobre a nota 6 tampouco hai nada que referenciar só contextualiza un episodio da historia de Alemaña, ponlle nome e punto, tampouco hai nada que referenciar, é só unha aclaración histórica para contextualizar. Sobre a referencia 7, non é relevante para o artigo, pero pode verse nos respectivos artigos que foron condeados a prisión, non creo que sexa relevante referenciar algo que nada ten que ver con este artigo e que é soamente anecdótico, simplemente se explica porque aparecen máis arriba no parágrafo, que foron persoas moi relevantes nos feitos e cos que Wagner tivo relación.
- Polo que respecta á afirmación "é a única empresa de tal magnitude que é representada regularmente nos escenarios de todo o mundo", non é preciso referenciar o obvio e evidente, explico: as catro óperas duran en torno a 14-15 horas, nelas hai unha orquestra de máis de 100 músicos, coro, solistas (máis de 10 de media en cada ópera), máis directores (orquestra, coro, escena), responsables de vestiario, escenografía, iluminación... Creo que coñecendo a dimensión, tanto en extensión como en recursos humanos necesarios, pode concluirse de xeito doado que non hai nada dunha magnitude similar que se represente nun escenario, nin no teatro, nin no ballet hai nada comparable, quizais só a Sinfonía nº 8 de Mahler, pero non é escénica e dende logo é unha obra moito máis curta.
- Por outra banda, a afirmación "Con esta obra, Wagner puña en práctica o seu concepto de «Gesamtkunstwerk» («obra de arte total»), na que o drama, a música e as artes visuais combinábanse harmoniosamente" non sei que é o que se require referenciar, a obra é o Anel, que presenta as obras que mellor definen o termo Gesamtkunstwerk (especialmente as dúas primeiras do ciclo) e a segunda é unha simple definición, non ten máis ciencia.
Cada quen é libre de velo como queira e pretender buscarlle os tres pés ao gato, coñezo ben a obra de Wagner e sei do que falo, e o artigo ten uns contidos que son claramente de calidade (supoño que algo pode mellorarse a ortografía, como en todas as propostas, pero o contido é de calidade), as fontes consultadas e a bibliografía recomendada son de referencia no tema. Dito isto manteño que o artigo é de calidade e que o único que cómpre facer é acabar de revisar a ortografía (como está a facer Elisardojm, algo que lle agradezo, do mesmo que agradezo a Alfonso as melloras que fixo) e solucionar ese tema da bibliografía (isto xa entra na vontade dos que teñen máis coñecementos técnicos), pero por contidos o artigo é claramente de calidade. Piquito (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 23:16 (UTC)[responder]