Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Kilimanjaro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Kilimanjaro editar
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 1 de abril de 2016 - 1 de maio de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 1 de abril de 2016 ás 15:09 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 01-04-2016 ata o 01-05-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre a montaña máis alta do continente africano. Está amplamente referenciado, conta con numerosas imaxes que ilustran á perfección o artigo (mapas e perfís xeográficos, fotos das distintas partes da montaña, fotos da fauna e a flora da rexión na que se encontra...), unha ampla sección bibliográfica, varias ligazóns externas de interese, ligazóns a proxectos irmáns (neste caso só a Commons), na miña opinión cumpre con todos os criterios para ser elixido. O artigo foi traducido da Wikipedia en castelán, que á súa vez traduciuno da Wikipedia en francés (onde é artigo de calidade), desta última Wikipedia toma algúns contidos que non había en castelán. O artigo xa foi revisado e comparado co orixinal en francés por Miguelferig, polo que nun principio debería estar case limpo de erros ortográficos. Tema nada usual na Galipedia, contamos con moi poucos artigos sobre xeografía, e todos eles son sobre países e cidades, non hai ningún sobre xeografía física. --Piquito (conversa) 1 de abril de 2016 ás 15:09 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 2 de abril de 2016 ás 20:36 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2016 ás 09:58 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 3 de abril de 2016 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 3 de abril de 2016 ás 21:55 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 5 de abril de 2016 ás 20:27 (UTC)[responder]
- Concordo. --XoioÉche o que hai 15 de abril de 2016 ás 21:40 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Olá, sou um usuário activo na Wikipédia em português, e dei uma vista de olhos neste artigo enquanto pensava traduzir o artigo correspondente francês. Ao deparar-me com uma frase que precisa ser melhorada, consultei este artigo para tentar descortinar aquilo a que ela se refere, mas aqui vi que a tradução era literal:
"Se o diminutivo kilima significa outeiro ou montaña pequena, esta teoría non explicaría por que a palabra mlima non é empregada para designar de xeito menos impropio a montaña, se non fora por razóns emocionais ou por deformación."
Recomendo que consultem a fonte a que a frase se atribui, para que a possam corrigir. Não li mais do que essa secção; de resto, desculpem por não escrever em galego, mas não me sinto muito cómodo tentar fazê-lo. Atenciosamente, Önni (conversa) 29 de abril de 2016 ás 14:57 (UTC)[responder]
- Önni, o orixinal francés di: "Si le diminutif kilima signifie « colline », « petite montagne », cette théorie n'explique pas pourquoi le mot mlima n'est pas utilisé pour désigner de manière moins impropre la « montagne » si ce n'est pour des raisons affectives ou par déformation.". A tradución que fixeron na galipedia é perfectamente aceptable, xa que é: "Se o diminutivo kilima significa outeiro ou montaña pequena, esta teoría non explicaría por que a palabra mlima non é empregada para designar de xeito menos impropio a montaña, se non fora por razóns emocionais ou por deformación." Eu creo que ao que se refire é que a unha montaña tan grande non habería por que chamarlle co diminutivo kilima, cando existe a palabra mlima para montañas grandes, a non ser que se fixera por razóns afectivas ou por deformación. De todos modos, habería que consultar a fonte orixinal na que se basea a wikipedia francesa, non vaia ser que os franceses a interpretaran mal. Mais a tradución nosa non vexo que estea mal.--Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2016 ás 22:36 (UTC)[responder]
- Önni, acabo de ler a referencia orixinal, a número 4 da páxina francesa, que está en inglés. Na referencia expóñense todas as moitas e caóticas teorías sobre a orixe e significado do nome, todas as cales teñen grandes problemas. A sección do texto máis significativa para o que estamos a falar é a que indico a seguir e que creo que avala perfectamente a miña interpretación. Velaquí o texto: "The Wachagga themselves find this difficult and confusing, since in Swahili 'mountain' is properly mlima, and kilima is a diminutive Meaning 'hill.' It is possible to assume that the diminutive is used to indicate affection, though it is difficult to understand why a stranger should wish to express such affection." (Traduzo: "Os propios wachagga encontran que isto é difícil e confuso, xa que en suahili 'montaña' é propiamente falando mlima, e kilima é un diminutivo que significa 'outeiro'. É posible asumir que o diminutivo é usado para indicar afecto, aínda que é difícil de comprender por que un estranxeiro debería querer expresar ese afecto."). O problema é que talvez habería que escribir a frase doutra maneira de modo que quedase máis clara e non aterse á redacción pouco clara da páxina francesa, a cal non temos que traducir literalmente (xa que non é unha cita literal da referencia). --Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2016 ás 23:08 (UTC)[responder]
- Sim, exactamente. A frase pareceu-me pouco clara e considero que precisa ser esclarecida, pois não está explícito que mlima é a palavra utilizada em suaíli para "montanha". A confusão deve-se à diferença entre os vocábulos, que precisa ser perfeitamente declarada. Saudações. Önni (conversa) 30 de abril de 2016 ás 23:34 (UTC)[responder]
- Non hai moito discutiuse o formato dos números na galipedia: con ou sen punto (7.000 vs 7 000, por exemplo), pero non recordo se se concluiu algo. Persoalmente prefiro con punto, pero é só cousa da idade. En calquera caso, creo que resulta evidente que non se poden empregar tres formatos (sic: tres) nun mesmo artigo, máxime se queredes que seca "de calidade". Aínda que só sexa por coherencia. Neste artigo escríbese 5 895, 11 000, 13 800, 18 000, 100 000, etc; xunto a 5.895, 5.149, 2.500, 3.700, 8.000, etc; e tamén 5895, 5149, 4000, 6200, 5000, 8000, etc. Dicimos que o Kilimanjaro ten unha altura de 5 895 metros, 5895 metros e 5.895 metros, segundo a sección do artigo que se lea. Y no creo que debamos deixar estes tres formatos. Non me parece serio. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de abril de 2016 ás 22:25 (UTC)[responder]
- Lameiro, tes razón. A min tamén me gustan máis os puntos, pero na escritura científica son con espazo e na páxina están maioritariamente con espazo, polo que se deberían poñer todos con espazo por coherencia. Pero lembremos sempre que os anos se escriben todo xunto (sen punto nin espazo). Por exemplo, agora estamos no ano 2016. Pero isto non afecta a outras cifras de miles como 5 130 m de altura ou 1 150 mm de chuvia, ou 2 300 alumnos nunha escola. Tampouco afecta cando os anos non son un ano concreto senón unha época aproximada do pasado, como cando se di esta erupción ocorreu hai 5 000 anos (que é distinto que dicir no ano 5000 a. de C.).--Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2016 ás 22:36 (UTC)[responder]
- Arranxei bastantes números pero pode ser que quede aínda algún perdido, pero penso que a gran maioría están ben agora. Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións)
- Lameiro, tes razón. A min tamén me gustan máis os puntos, pero na escritura científica son con espazo e na páxina están maioritariamente con espazo, polo que se deberían poñer todos con espazo por coherencia. Pero lembremos sempre que os anos se escriben todo xunto (sen punto nin espazo). Por exemplo, agora estamos no ano 2016. Pero isto non afecta a outras cifras de miles como 5 130 m de altura ou 1 150 mm de chuvia, ou 2 300 alumnos nunha escola. Tampouco afecta cando os anos non son un ano concreto senón unha época aproximada do pasado, como cando se di esta erupción ocorreu hai 5 000 anos (que é distinto que dicir no ano 5000 a. de C.).--Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2016 ás 22:36 (UTC)[responder]