Why Hasn't Everything Already Disappeared?

Why Hasn't Everything Already Disappeared? é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, publicado o 18 de xaneiro de 2019 a través do selo 4AD. O disco foi coproducido por Cate Le Bon, Ben H. Allen (que traballara anteriormente coa banda en Halcyon Digest e Fading Frontier), Ben Etter (que traballara como asistente de estudio no Fading Frontier) e a propia banda. O primeiro sinxelo, "Death in Midsummer", foi editado o 30 de outubro de 2018. Ese mesmo día anunciouse unha xira mundial para promocionar o traballo, que comezou o día 4 de novembro.[1][2][3] O segundo sinxelo do álbum, "Element", foi lanzado o 6 de decembro. O álbum filtrouse o día 13 de decembro de 2018.[4]

Why Hasn't Everything Already Disappeared?
Álbum de Deerhunter
Publicado18 de xaneiro de 2019
Gravación2018
Estudio(s)Marfa Recording, Marfa, TX
Sonic Ranch, TX
Seahorse Sound, Os Ánxeles
Maze, Atlanta
Ático de B. Cox, Grant Park, Atlanta
Duración36:10
Selo(s)4AD
Producido porCate Le Bon, Ben H. Allen III, Ben Etter, Deerhunter
Cronoloxía
Fading Frontier
(2015)
Why Hasn't Everything Already Disappeared? -

O cantante principal Bradford Cox describiu o álbum como un "álbum de ciencia-ficción sobre o presente".[5]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Bradford Cox, agás "Tarnung" por Lockett Pundt

N.º Título Duración
1. "Death in Midsummer"   4:22
2. "No One’s Sleeping"   4:26
3. "Greenpoint Gothic"   2:02
4. "Element"   3:00
5. "What Happens to People?"   4:16
6. "Détournement"   3:26
7. "Futurism"   2:52
8. "Tarnung"   3:08
9. "Plains"   2:13
10. "Nocturne"   6:25
36:10

Notas editar