Palacio de Westminster

(Redirección desde «Westminster Hall»)

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

Palacio de Westminster
Palacio de Westminster visto dende unha cabina do London Eye
Palace of Westminster.jpg
O Palacio de Westminster visto dende a outra beira do río Támese
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
LocalizaciónCoordenadas: 51°29′58″N 0°07′27″O / 51.499444444444, -0.12416666666667
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador426

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar