Werwolf (literalmente home lobo en alemán) foi un plan nazi elaborado ao final da segunda guerra mundial para organizar unha forza clandestina de resistencia que debía desenvolver unha guerra de guerrillas contra os aliados no caso da derrota do réxime nazi. Esa forza chegou a ter 5000 membros recrutados entre as SS e as Xuventudes Hitlerianas pero foi parcialmente desmantelada semanas antes da fin da guerra e só realizou accións illadas como o asasinato do alcalde de Aquisgrán en marzo de 1945.

Estandarte de Werwolf[1]

Notas editar

  1. Rundschau; Deutsches Schneiderfachblatt für das Gesamte Schneidergewerbe