Welcome to Sarajevo

filme de 1997 dirixido por Michael Winterbottom

Welcome to Sarajevo (Benvido a Saraxevo) é unha película británica do ano 1997 dirixida por Michael Winterbottom. Retrátase o cerco a Saraxevo, o período mais dramático da guerra da Bosnia. O filme está baseado na historia real do xornalista británico Michael Nicholson, que adoptou unha nena bosníaca musulmá. Á súa vez, a historia está baseada no libro Natasha's Story, que o guionista Frank Cottrell Boyce adaptou para o filme.

Welcome to Sarajevo
Ficha técnica
Título orixinalWelcome to Sarajevo
DirectorMichael Winterbottom
ProdutorDamian Jones
Channel Four Films
Miramax
GuiónFrank Cottrell Boyce
IntérpretesWoody Harrelson
Stephen Dillane
Marisa Tomei
Goran Višnjić
Emily Lloyd
Kerry Fox
MúsicaAdrian Johnston
FotografíaDaf Hobson
MontaxeTrevor Waite
DistribuidoraMiramax
Estrea1997
Duración103 min.
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Orzamento9.000.000 USD
Na rede
IMDB: tt0120490 Filmaffinity: 507866 Allocine: 12117 Rottentomatoes: m/welcome_to_sarajevo Mojo: welcometosarajevo Allmovie: v154958 TCM: 335699 Metacritic: movie/welcome-to-sarajevo TV.com: movies/welcome-to-sarajevo Netlix: 60033279Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

En 1992, o reporteiro de ITN, Michael Henderson (Stephen Dillane) viaxa a Saraxevo, a asediada capital de Bosnia e Hercegovina. Coñece ao periodista estrela americano Jimmy Flynn (Woody Harrelson) na procura das historias e fotos máis emocionantes. O seu traballo permítelles presenciar en primeira liña o sufrimento dos habitantes de Saraxevo. A situación cambia cando Henderson realiza unha reportaxe desde un orfanato no cal 200 nenos viven en condicións desesperadas.

Coa axuda dunha traballadora humanitaria americana chamada Nina (Marisa Tomei), Henderson intentará levar aos nenos a un lugar seguro. Nun principio a escapada parece destinada ao fracaso cando milicianos serbios paran o autobús que leva aos nenos e raptan a todos os nenos musulmáns. Mais ao final Henderson consegue sacar á pequena Emira (Emira Nušević) fóra do país e acábaa adoptando.

Elenco editar

Produción editar

Rodaxe editar

As filmacións foron feitas na propia Bosnia, apenas meses despois da fin dos combates, a mediados de 1996. Os escenarios de destrución (tanto nas escenas exteriores como interiores) son todos reais, aínda que tamén foron intercaladas imaxes documentais e xornalísticas do conflito.