Coñécense por webQuest (WQ) as actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de Internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca.

Características editar

A súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estrutura tanto interna (o seu "espírito") como externa (o seu "físico").

As WQ están deseñadas para que o alumno desenvolva habilidades esenciais para empregaren a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xeraren un produto novo que cumpra os fins da aprendizaxe formulada.

A súa invención e difusión débense a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recompilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estrutura das WQs.

Estrutura das WebQuest editar

Unha WQ debe ter os seguintes apartados para o alumnado:

  • Introdución.
  • Tarefa.
  • Proceso (onde se inclúen os recursos).
  • Avaliación.
  • Conclusión.

Ademais deberá sempre incluír un apartado de créditos e unha páxina para o profesor.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.